CADERNOS DA VIAXE. A aparente converxencia de todos os axentes políticos galeguistas e outros de decisión estatal nunha plataforma galega para as vindeiras eleccións xerais non agacha certas e importantes diferenzas de criterio. Mentres o BNG defende cinguir o acordo ás forzas e sectores cidadáns non integrados noutras estruturas estatais, Podemos ou EU, maila recoñecer a singularidade do espazo políitico galego, semellan querer supeditar a eventual converxencia galega a un lexítimo proxecto que trascendería Galicia.
Velaí porque son precisas, para esta caste de procesos, grandes doses de intelixencia e xenerosidade. E porque é preciso o pulo cidadán, a forza da sociedade non encadrada en partidos políticps. Mais, tamén, a adhesión de ducias de alcaldes, receptores do claro plebiscito das urnas. Porque, canda o grande éxito da Marea Atlántica coruñesa, Compostela Aberta ou NósPobra, non podemos esquecer que Pontevedra, Ribadeo, Lalín, Carballo, Teo ou mesmo Narón optaron por decisións en clave de partido moi vencelladas á persoa ou á equipa gañadoras. Galicia é plural e poliédrica na súa expresión política. Descoñecelo e pormos o piloto automático é un camiño seguro para o fracaso.
De certo que a converxencia cara ás estatais non pode caer no erro de excluir ás forzas e persoas que non se consideren nacionalistas ou galeguistas. Na Galicia actúan importantes axentes do cambio que arelan unha fonda remuda das estruturas institucionais e políticas estatais. Mais esa pertenza ou referencia non impide a converxencia, porque en moi grande parte son obxectivos partillados cos galeguistas: transparencia, participación cidadá, loita contra a corrupción ou o afortalamento do Estado do Benestar.
Mais o que si constituiría unha liña vermella nesta plataforma de converxencia é o seu centro de decisión na Galicia: decidirmos nós. O que esixe a formación dun grupo parlamentario de noso, independente de calquera outro. Que non quitaría para colaborar con outras forzas estatais, vascas, catalás ou doutros territorios para acadarmos os obxectivos comúns nos eidos da rexeneración democrática, da afirmación dos servizos públicos e da reforma constitucional que amplíe e blinde o noso autogoberno, chave do noso benestar.
Xoán Antón Pérez-Lema











Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



