NOTA DE PRENSA
A iniciativa xurde a instancia do deputado Jose Manuel Balseiro Orol despois de ter constancia das graves deficiencias destas instalacións, denunciadas tamén polas asociacións profesionais dos axentes da Benemérita
A XUNTA REQUIRIRÁ AO GOBERNO CENTRAL, A PROPOSTA DO PP, QUE OS ORZAMENTOS DE 2010 CONTEMPLEN O INVESTIMENTO NECESARIO PARA A REFORMA INTEGRAL DO CUARTEL DA GARDA CIVIL DE BURELA
· Malia que os veciños da Mariña tamén se verán afectados pola suba de impostos anunciada polo Goberno socialista de Zapatero, a administración central despreza a nosa comarca e non inviste os recursos necesarios para manter en perfecto estado as instalacións e edificios da súa competencia.
A Mariña lucense, 23 de setembro de 2009.- A proposta do Grupo Parlamentario Popular a Xunta de Galicia requirirá ao Goberno central a dotación dunha partida orzamentaria en cantidade suficiente para a adecuación e reforma integral do cuartel da Garda Civil de Burela. A iniciativa xurde a instancia do deputado Jose Manuel Balseiro Orol que rexistrou na Cámara galega unha proposición non de lei despois de ter constancia das graves deficiencias que presentan estas instalacións.
COMPROMISO DE INVESTIMENTO NO 2010
Os populares reclaman que este investimento apareza xa nos orzamentos para o ano 2010 que o Executivo central está a confeccionar neste momento. Fan este emprazamento dun xeito urxente porque segundo explican “o estado de precariedade e a obsolescencia” no que se atopan estas instalacións “require unha actuación inmediata” para garantir un triple obxectivo: “que os axentes da Benemérita que alí traballan poidan facelo nunhas condicións de calidade e axeitadas á normativa sobre riscos laborais vixente; que as familias que residen nestas dependencias poidan facelo cunhas mínimas garantías de habitabilidade; e para evitar que esta situación de precariedade non repercuta na prestación dun servizo esencial, como é o que desenvolven os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado”.
DESEQUILIBRO PRESIÓN FISCAL – INVESTIMENTOS
Malia que os veciños da Mariña tamén se verán afectados pola suba de impostos anunciada polo Goberno socialista de Zapatero, e sofren a día de hoxe unha elevada presión fiscal, a administración central –expón o PPdeG na súa iniciativa- “despreza a nosa comarca e non inviste os recursos necesarios para manter en perfecto estado as instalacións e edificios da súa competencia”. É polo que os populares reclaman ao Ministerio do Interior que atenda esta petición “non estamos a pedir que destinen cartos para luxos ou para gastos superfluos senón para garantir unhas condicións mínimas que agora non se están a cumprir”
CONDICIÓNS MÍNIMAS PARA UN SERVIZO DE CALIDADE
As propias agrupacións dos traballadores do Instituto Armado, -nas pasadas datas así o denunciou a Unión de Gardas Civís de Galicia- están a poñer de manifesto en reiteradas ocasións estas deficiencias. “Falan de defectos no subministro eléctrico, ceses intermitentes na luz que afectan tamén aos equipos informáticos. Falan de humidades, de problemas estruturais derivados da falta do investimento necesario para o mantemento dos edificios. Falan en definitiva, da ausencia das condicións mínimas requiridas para poder prestar un servizo de calidade.”
PREXUÍZOS NA ATENCIÓN AO PÚBLICO
Balseiro Orol subliña que ademais das funcións propias como forzas de seguridade e investigación do delicto, os axentes da Garda Civil de Burela dispoñen de competencias en materia de tráfico e seguridade viaria e na elaboración dos atestados que teñen por obxecto esclarecer as circunstancias nas que se produciron os accidentes. Tamén albergan ás víctimas, familiares e ao persoal que ten que elaborar os trámites ante un episodio de violencia machista e todo iso nunhas instalacións precarias que, debido as múltiples deficiencias descritas, moitas veces non permiten atender aos cidadáns.




















Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



