Burela, 11 de xuño de 2015.- A Fonsagrada acollerá o seu primeiro campus de fútbol sala base este verán, entre os días 7 e 11 de xullo, destinado a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, baixo a organización da Fundación Imdecum e a coordinación do ex–xogador do CD Burela FS Pescados Rubén Juanma Marrube.
O clínic da Fonsagrada abrirá a xira formativa do verán 2015 da Fundación Imdecum, recoñecida como Fundación de Interese Galego pola Xunta de Galicia. Colaboracións con campus de base como o Mixto Internacional Burela FS Pescados Rubén dende 2010 ou o asturiano de Cangas del Narcea en 2014, ademais da organización de citas de referencia deportiva dentro e fóra de Galicia, como o Torneo de Fútbol Sala Base Memorial Rodrigo Maseda Lozano, son só algunas das referencias do labor da Fundación Imdecum neste eido, que impulsará a partir de 2015 con clínics noutros puntos da xeografía galega como Alfoz-O Valadouro e A Estrada, continuando coas súas xa tradicionais colaboracións en Asturias.
O alumnado terá a oportunidade de profundar no coñecemento do fútbol sala, coa participación de adestradores e xogadores/as de Primeira División; os nenos/as poderán compartir a pista con algunhas das referencias da máxima categoría do futsal en España pero tamén descubrirán moitas das experiencias e anécdotas. Haberá tempo para a aprendizaxe e a diversión arredor do esférico, ademais de entretidas xornadas con actividades lúdico-recreativas, achegamento a outros deportes, obradoiros de manualidades e visitas para deleitarse do paradisíaco contorno natural da zona.
Matrícula
Todos os rapaces/as que queiran divertirse practicando fútbol sala e aprender con profesionais de prestixio nacional e internacional recibirán toda a información na casa consistorial da Fonsagrada, onde tamén poderán formalizar a súa matrícula.
Máis información en :
deportes@fonsagrada.org
www.imdecum.com
campusmixtofutbolsala@gmail.com


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
