Vegadeo, 15 de xuño de 2015.- O alcalde, César Álvarez, clausurou este domingo á noite a 52 Feira de Mostras, que se veu celebrando dende o pasado xoves. O seu obxectivo para a próxima edición é que teñan máis presenza en La Silvallana os sectores gandeiro e forestal.
O rexedor dixo que queremos recuperar o concurso de gando vacún frisón, tamén apoiar á raza asturiana, que nos últimos anos veu reforzando a feira de mostras. Temos moi claro que entre todos, sumando a participación, a colaboración e a iniciativa de todo o mundo, hai que encaixar ese puzle para que se volvan crear esas expectativas no futuro e a xente volva ter a necesidade de vir á feira porque esperta curiosidades”.
César Álvarez sinalou que “na feira de mostras o sector gandeiro da bisbarra, en canto a vaca de leite, non estivo representado. Non houbo unha exposición de cooperativas desta zona, que é de vaca de leite. Igual que o sector forestal”.
O alcalde engadiu que “tamén falamos de recuperar a presenza do comercio de Vegadeo, porque hoxe en día non se ve reflectida na feira de mostras a primeira pedra dende a que se empezou a construír esta feira de mostras: o comercio de Vegadeo foi o que propuxo organizar esa exposición dos seus produtos nun día moi concreto, que era a primeira feira. E queremos recuperar iso e volver coller ese impulso”.
César Álvarez percorreu o recinto feiral, departiu con expositores e veciños, entregou os premios do campionato do mundo de patefa e clausurou a 52 Feira de Mostras de Vegadeo preto das dez da noite deste domingo.
A valoración efectuada polo rexedor é positiva “aínda que logo teremos que analizar a venda de entradas e tamén o volume de vendas”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



