15 de xuño de 2015.- Son moitos os obxectivos alcanzados coa realización este martes de dúas actividades que sen lugar a dúbida non deixarán a ninguén impasible… a primeira delas é a participación nunha excursión a León; concretamente viaxarán ao Bosque dos Soños un total de 5 usuarios acompañados dun monitor durante os próximos 4 días que dura a viaxe. Viaxe organizada por Feafes Galicia, e no que participan outras entidades: Porta Nova, Alume, Lenda, Doa, Andaina, Albores e Apem.
Entre outras actividades terán unha visita guiada polas Médulas tambien por Molinaseca, que está declarado Conxunto Histórico (Ben de interese Cultural), un pobo de aspecto medieval e con grande atractivo para peregrinos e visitantes.
Tambien visitarán en Ponferrada o Castelo Templario, o Museo da Radio de Luis del Olmo e o Museo da Enerxía, entre outros.
Así mesmo, outros 30 usuarios dos distintos Centros celebrarán o día mundial dos océanos, este martes, poñendo o seu grauíño de area na axuda co coidado do medioambiente, limpando as praias de Burela, acompañados cos organizadores, o Grupo Ambiental, Gaia.
Así, este martes será un día moi especial e diferente para a maior parte de persoas con enfermidade mental crónica que realizan actividades de rehabilitación psicosocial en calquera dos dispositivos complementarios de atención, é dicir, centros, piso protexido ou Unidade Residencial, dos que dispón a Asociación de Axuda ou Enfermo Mental “A Mariña”.
Con actividades coma esta ofrecen aos seus usuarios unha oportunidade de convivir en grupo e coñecer novos lugares e xente; estas actividades teñen por suposto un claro carácter lúdico ofrecendo un espazo e tempo de ocio tan necesarios para obter unha boa calidade de vida para os usuarios; misión principal que destaca a súa Directora Técnica Xeral de todos os Dispositivos de “A Mariña”.