Ribadeo, 17 de xuño de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, convocou un pleno extraordinario e urxente para as nove da noite deste mércores co fin de emitir un pronunciamento sobre a inminente entrada en vigor do Plan de Conservación do Monumento Natural de As Catedrais, da Xunta.
O rexedor explicou este mércores ó mediodía que “logo de ver o que aconteceu onte en Ribadeo, onde se produciron auténticos exercicios de debate público e de soberanía popular acerca da controversia que se foi xerando sobre estas medidas que a Xunta de Galicia quere impoñer de maneira inmediata, a partir do 1 de xullo, e que cada vez son máis as voces, é máis grande a unanimidade, sobre que ese programa, tal e como o ten planificado, non se vai poder levar a cabo. Vai ser tremendo, brutal, para a imaxe de Ribadeo e das Catedrais e para nada vai resolver a problemática que adoece de cómo xestionar o fluxo de miles e miles de persoas, para que siga sendo unha riqueza para Ribadeo no económico e que non se degrade dende o punto de vista da presión humana”.
Suárez Barcia contou que “despois de ter a xuntanza dos comerciantes, industriais e autónomos, na que tamén convidaron ao alcalde, á concelleira de Turismo e aos técnicos do Concello; e despois de ter posteriormente unha asemblea aberta no Teatro de Ribadeo, moi concorrida, con moita xente do mundo do comercio pero tamén da cidadanía en xeral e doutras actividades, en todos eses foros o sentimento é unánime: de petición diante da Xunta para que pare esta loucura, a voz é unánime e está collendo visos de auténtica revolta social e popular”. E engadiu que “aínda que o Concello de Ribadeo, como o resto, no que tomamos posesión o sábado e aínda non estamos constituídos nin están as comisións funcionando nin os órganos colexiados aínda non están creados, é necesario tamén que agora os representantes dos veciños, que somos os do grupo que vai ser de goberno e o resto da Corporación, precisamente agora, recen escollidos, debémonos posicionar tamén, igual que o fixo onte en asemblea aberta a cidadanía e a asociación de comerciantes, respecto deste plan que a Xunta quere impoñer a partir do día 1 de xullo. Polo tanto acabo de convocar un pleno extraordinario e urxente, que como todos é aberto ao público, a partir das 9 da noite no salón de plenos do Concello de Ribadeo. E aí é boa cousa que todos os representantes dos veciños a través das 4 formacións políticas ás que o pobo nos conferiu o goberno do Concello para os próximos catro anos digamos o que pensamos acerca diso”.
O alcalde ribadense confía en que “o sentidiño que está imperando en Ribadeo tamén lle chegue aos oídos da Xunta. Sería boa cousa que fora dun xeito unánime, porque os representantes dos veciños que formamos parte de partidos políticos diferentes, como ten que ser, debemos ter moi claro que por enriba das estratexias partidarias temos ao noso pobo, que foi precisamente o que nos acaba de escoller hai uns días”.
(A foto recolle unha instantánea da xuntanza con veciños que tivo lugar este martes no Teatro ribadense).




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



