Lugo, 17 de xuño de 2015.- O secretario Provincial do PSdeG, Juan Carlos González Santín, presentou este mércores a súa candidatura oficial á presidencia da Deputación, coa que garantirá a estabilidade que demanda o organismo provincial, unha vez que Gómez Besteiro decidiu deixar este cargo para dedicarse á secretaría Xeral, e faino, sinalou, porque “podo e quero estar á altura”.
“Estou en plenas condicións de facer pública a miña candidatura e fágoo dende a máxima lealdade ao Partido, ao noso secretario Xeral, aos meus compañeiros e ao que decidiron os veciños e veciñas o pasado 24 de maio. Por iso, entendín que este era o momento”. Neste seno, González Santín continuou dicindo: “os que me coñecen saben que non me gusta entrar en circos mediáticos. Creo firmemente que o que temos que facer é ser sensatos e traballar coa máxima honestidade e rigor posible, tal e como nos esixe o Partido do que me sinto profundamente orgulloso”. E é que, tal e como indicou, “os concellos aínda se constituíron o sábado. E isto non é unha cuestión de protagonismos. Cada proceso ten o seu momento”, remarcou.
“Como persoa teño un lema: non vou dicir o que non poida cumprir. Esa é a miña folla de ruta. Son un home de palabra. Por iso falei con todos: co secretario Xeral, ao cal lle agradezo o seu apoio incondicional todos estes anos, cos militantes, cos cargos do Partido e tamén coa familia”. González Santín fixo estas declaracións no transcurso dunha rolda de prensa, na que explicou cal vai a ser o proceso de votación que se desenvolverá mañá xoves, no Hotel Torre de Núñez, a partires das 20:00 horas, e á que están convocados todos os concelleiros do Partido Xudicial de Lugo para elixir aos deputados provinciais que irán na lista do PSOE desta circunscrición.
“Eu cumprín a miña parte”
“Hai aproximadamente un ano e oito meses acadei a confianza do Partido e do secretario Xeral para asumir a secretaría Provincial. Foi un reto ilusionante, no que dende o minuto un lle dediquei tempo, esforzo, traballo e me esforcei por cumprir os obxectivos que se me encomendaron: aumentar o número de alcaldías cualitativa e cuantitativamente, manter a Deputación e mellorar os resultados da provincia. Non fai falta que diga que este reto está superado. Eu cumprín a miña parte”. A este respecto, e dado que “foi un traballo de equipo”, agradeceu “o traballo de afiliados, cargos e da Deputación, pois sen eles, isto non sería posible”.
Deste xeito, e logo de manifestar que “sempre estivo ao servizo do Partido” e “de sentir un enorme afecto” polo mesmo, así como polos alcaldes, concelleiros e militantes, non dubidou en afirmar que “creo que temos que seguir consolidando o excelente traballo levado a cabo por un goberno progresista, e continuar e ampliar o legado que nos deixa Gómez Besteiro. Por iso, xa hai tempo que decidín dar un paso adiante; un paso que foi meditado pero totalmente convencido do que facía, pero que non quixen facer público antes para respectar aos compañeiros e os tempos do Partido”, remarcou.
Máximo respecto a Manolo Martínez
González Santín tamén quixo expresar o seu “profundo respecto” polo outro candidato a presidir o organismo provincial, recoñecendo que “é moi lexítimo” que tamén queira optar a este cargo. “Respecto escrupulosamente a súa decisión e quero recoñecer o seu traballo neste últimos anos na Deputación, así como a súa traxectoria política; un traballo que, sen dúbida, o avala. Por iso, quero deixar claro o meu absoluto respecto por este candidato e amigo”, subliñou.
Deste xeito, tamén fixo referencia á posibilidade de que xurda unha terceira vía que opte á presidencia do organismo provincial. “Neste caso, tamén vou ser claro. Hai dous candidatos: Manolo Martínez e Juan Carlos González Santín. Somos un partido serio, de xente traballadora e honesta, que vai de frente. Non hai ninguén agochado, agardando a pescar en río revolto. Proba delo é que, nas votacións que se levan feito noutros Partidos Xudiciais, todos os concelleiros sabían quenes eran os candidatos a presidir a Deputación”, aclarou.
Votación deste xoves
Para a votación que se levará a cabo este xoves, tal e como explicou, “seguirase escrupulosamente as normas do Partido”. Deste xeito, esta realizarase mediante “voto secreto, en urna, libremente e con transparencia, tal e como fixemos sempre os socialistas”. Segundo o establecido, sairá unha única lista que será a que se presente no Xulgado o día 20 de xuño; a data establecida pola Xunta Electoral de Zona.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



