Lourenzá, 22 de xuño de 2015. Dúas nenas veciñas do municipio de Lourenzá resultaron premiadas na fase provincial do concurso de narración Letras Galegas 2015.
Antía Lillo Irimia, da Cazolga, conseguiu o terceiro premio na categoría de 9 a 11 anos co traballo titulado ‘Ratonbotiño en London’. E Antía Gutiérrez Gavín, de San Adriano, logrou o terceiro premio na categoría de ata 8 anos coa obra ‘Un soño espléndido’.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, recordou que “este concurso fallouse a nivel local no mes de maio e os gañadores desta fase que organizou a biblioteca pública municipal pasaron á provincial e competiron co resto dos traballos de todo Lugo”. Ademais anunciou que as dúas nenas de Lourenzá galardoadas “recibirán os premios provinciais nun acto organizado na Biblioteca Provincial de Lugo o venres 26 de xuño ás 8 da tarde”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



