Viveiro (Lugo), 24 de xuño de 2015.- A Xunta, a través da Dirección Xeral de Xustiza, iniciou a retirada de máis de 140 caixas de documentación dos arquivos dos xulgados de Viveiro. En total, trátase de máis de 1.700 expedientes liberados do xulgado de 1ª instancia e instrución nº 2 de Viveiro.
Este paso resulta indispensable para poder levar a cabo o expurgo, un proceso complexo cuxa tramitación leva meses, polo que desde Xustiza destácase a colaboración destes órganos xudiciais. Está previsto que a actuación continúe a próxima semana, coa retirada de 78 caixas máis nestes mesmos xulgados.
Tras a gravación de expedientes, o seguinte paso será a realización dun estudo das series documentais e dos organismos produtores por parte do persoal técnico de arquivos e a súa remisión á Xunta de Expurgo, xunto cun informe da Consellería competente en materia de patrimonio documental.
Posteriormente, a Xunta de Expurgo emitirá un acordo no que se determine o destino final da documentación e publicarase no DOG e en prensa, dando un prazo de dous meses para que as partes interesadas do procedemento poidan solicitar documentación.
Finalmente, procederase á destrución ou envío dos expedientes a un arquivo histórico, cando se aprecie interese documental. Pero ademais estanse a contemplar outras accións complementarias como a habilitación de novos espazos para recolocar a documentación.
Máis espazo nos xulgados
O ano pasado a Xunta puxo en marcha o proceso de expurgo que permitirá aos xulgados galegos gañar ata un 75 por cento de espazo nas sedes xudiciais galegas e conservar adecuadamente os documentos con valor histórico.
Ademais, mediante o expurgo tamén se facilita o acceso á documentación nos arquivos xudiciais, hoxe en día desbordados, configurándose este proxecto como un un paso máis dentro do obxectivo de modernización da nosa Administración de Xustiza no que traballa a Xunta desde a lexislatura pasada.
En Galicia existen 50 arquivos xudiciais, os do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as catro Audiencias e os 45 partidos xudiciais; algúns deles con expedientes que datan do seus inicios a comezos do século pasado. Estimase que en total estean almacenados uns 3 millóns de expedientes, con máis de 150 millóns de folios.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.