A Asociación Amigos do Galeón de Ribadeo organiza tamén para este venres 26 de xuño ás 19.00 horas no auditorio municipal Hernán Naval unha charla cun arqueólogo e unha representante do CSIC. Ana Crespo Solana falará sobre “O galeón de Ribadeo no marco dun proxecto europeo de impacto internacional, FORSEADISCOVERY” e Miguel San Claudio Santa Cruz ofrecerá un repaso á “Historia do galeón de Ribadeo: presente, pasado e …futuro?”.
Charlas sobre o Galeón de Ribadeo
Charlas sobre o Galeón de Ribadeo
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada