Santiago, 27 de xuño de 2015.- Co gallo da celebración da 39ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial, os Camiños do Norte xóganse en Bonn, dende este domingo 28 de xuño e até o vindeiro 8 de xullo, a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, un legado de monumentos e sitios de extraordinaria riqueza natural e cultural que pertencen a toda a humanidade.
A candidatura dos Camiños do Norte, ampliación do sitio “Camiños de Santiago de Compostela” ten sido promovida polos gobernos autonómicos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e La Rioja, así como polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte do Goberno de España. Esta non só propón o recoñecemento da catro rutas singulares: o Camiño da Costa, o Camiño Primitivo, o Lebaniego e o Vasco-Rioxano, senón que abarca a inclusión nominal dun total de dezaseis monumentos da máxima relevancia e valor cultural. No caso de Galicia, recoñécense singularmente catro: a Muralla e a Catedral lucenses, a Catedral mindoniense e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Máximo recoñecemento
A inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO é o máximo recoñecemento internacional que pode recibir un ben, así como unha oportunidade para que Galicia incremente a súa nómina de declaracións, que na actualidade inclúe xa á Cidade vella de Santiago de Compostela, elixida en 1985; o Camiño de Santiago Francés, inscrito en 1993; a Muralla romana de Lugo recoñecida no 2000; e a Torre de Hércules, que alcanzou a súa inclusión en 2009.
En concreto, entre os días 3 e 5 de xullo, trataranse as novas incorporacións á Lista do Patrimonio Mundial, para o cal se examinarán un total de trinta e sete candidaturas de inscrición, que inclúen cinco sitios naturais, trinta e un culturais e un de carácter mixto. A reunión do Comité do Patrimonio Mundial en Bonn supón a derradeira etapa dun proceso que comezou hai sete anos e co que a Xunta de Galicia estivo comprometido desde o primeiro momento. En calquera caso, cómpre lembrar que non todas as candidaturas serán admitidas, de xeito que é preciso amosar a máxima cautela.
Trámites previos dos Camiños do Norte
O proceso perante a UNESCO comezou coa inclusión dos Camiños do Norte na Lista indicativa nacional no ano 2007. A partir de aquí as comunidades de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e La Rioja, así como o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, elaboraron conxuntamente a candidatura, que inclúe, entre outros aspectos, a redacción dun expediente exhaustivo, os procesos de delimitación e protección e o sometemento a diversos informes e supervisións tanto da propia UNESCO como do ICOMOS como principal órgano asesor técnico nesta materia, algúns con visitas in situ.
Este expediente de declaración requiriu dunha serie de traballos específicos, exhaustivos e completos baseados en consideracións de carácter técnico e formal moi estritas. Entre eles, un dos de maior relevancia é a súa propia documentación histórica e o da identificación de bens asociados representativos do seu valor universal e que completan a singularidade do expediente.
Pola súa banda, cada comunidade autónoma desenvolveu os seus propios procesos de protección dos Camiños do Norte. En Galicia, as diferentes rutas xacobeas teñen un réxime particular derivado da Lei 3/1996, de Protección dos Camiños de Santiago, na que xa se recoñecían os itinerarios do Norte; porén, o proceso non se completou até que se delimitaron as súas trazas e a extensión do seu territorio histórico.
Delimitación e avaliación
Neste sentido, o decreto 267/2012, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte e o decreto 158/2014, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, identifican a aplicación de criterios homoxéneos e sistemáticos que pretenden sintetizar tanto o coñecemento histórico, o valor inmaterial, a enquisa etnográfica, a lectura especializada no territorio, as infraestruturas e o réxime de propiedade da terra para o ben que agora se propón como Patrimonio da Humanidade.
Finalmente, en setembro de 2014 tivo lugar a misión de avaliación de dous técnicos do Consello Internacional de Monumentos e Sitios Histórico-Artísticos (ICOMOS), órgano asesor da UNESCO. Os avaliadores percorreron 1.500 km. de rutas e coñeceron, un a un, os 16 lugares vencellados ao Camiño de Santiago do Norte propostos para a súa inscrición na Lista do Patrimonio Mundial. En novembro e decembro de 2014, o ICOMOS requiriu información complementaria e no mes de maio achegouse a avaliación final, recomendándose a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial dos camiños do norte.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



