Trabada, 9 de xullo de 2015. Celebrado o pleno organizativo do Concello de Trabada, a alcaldesa, Mayra García, deu a coñecer a estrutura do goberno municipal para os vindeiros catro anos ademais do nome dos concelleiros que se ocuparán de cada área de actuación “cunha estrutura horizontal, delegando áreas en todos os concelleiros do grupo de goberno”.
“Formamos un equipo unido, sólido e dinámico, as nosas grandes fortalezas, xunto cunha forte vocación de servicio público, formación, ilusión e ganas de traballar por e para os trabadenses con transparencia, eficacia e participación”, subliñou a rexedora.
“A participación e a comunicación directa cos veciños é a esencia deste Goberno local, a nosa maneira de traballar”. Debido a iso, este novo Goberno local “aprobou celebrar as sesión plenarias ordinarias ás 20.00 horas, para que os veciños poidan acudir, cunha periodicidade bimensual, no terceiro mércores hábil dos meses impares”.
Tamén aprobamos o réxime de retribucións dos membros corporativos, “que contará cunha dedicación parcial, cunha porcentaxe do 50% de xornada, por establecer unha proporción co goberno anterior, posto que incrementamos a atención ó publico en hora e media diaria, do que calquer veciño é coñecedor”, destacou a alcaldesa. “Eu sei que unha alcaldesa, é alcaldesa 24 horas e máis nun concello no que tan só contamos cunha dedicación”.
Establecemos unha retribución anual bruta de 18.675€, “a metade que o anterior alcalde, o que nos vai a supoñer un aforro total de nómina e seguridade social de 23.503,68€ anuais”. Na mesma liña, tal e como manifestamos na campaña electoral, “co fin de elaborar unha política de contención de racionalización de gastos correntes e de persoal, reducimos nun 25% a indemnización por asistencia a plenos e xuntas de goberno, pasando de 60€ a 45€”, explicou a rexedora.
Creamos unha estrutura do novo goberno local horizontal establecendo áreas de servizos municipais:
Área de alcaldía
Da área de alcaldía dependerán, especialmente, as áreas de Economía, Emprego, Servicios Sociais, Medio Rural e Infraestruturas.
Ademais das cuestións relativas á facenda local e recadación, esta concellería impulsará iniciativas para fomentar a creación de emprego, a través da formación e orientación para mellorar as oportunidades de inserción laboral, o emprendemento e as políticas activas de emprego.
Sacará adiante tamén iniciativas e proxectos que fomentarán as actividades económicas extratéxicas do noso concello.
Deste xeito, “queremos dar resposta a cada un dos desempregados do noso municipio e reactivar o tecido económico apostando pola gandeiría, a agricultura, o sector forestal como motores económicos xeradores de emprego”, subliñou a alcaldesa.
Igualmente, “damos protagonismo ás accións en favor da inclusión social, reforzaremos as políticas para garantir a inclusión e a igualdade de oportunidades”.
O tenente de alcalde, Miguel Fernández, encargarase da Área de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local.
“Temos un gran potencial para o turismo cultural, medioambiental e gastronómico. Situaremos a Trabada como porta de entrada a Galicia do Camiño Norte de Santiago, como fórmula de estímulo da economía e do turismo de Trabada, xa que polas parroquias de Ría de Abres, Sante e Trabada transcorre a ruta antigua do Camiño. Estamos seguros de que a declaración do Camiño Norte como Patrimonio da Humanidade vai a repercutir de forma moi positiva, tamén no noso Concello, pois nos vai a permitir a situar no mapa o noso concello. Temos a tarefa de por en valor esta ruta antiga, adoptar medidas que contribúan á súa conservación e mellorar a súa sinalización”, destacou a rexedora.
Alicia Yanes, será a responsable da Área de Urbanismo da que dependerán “unha das principais ferramentas para o crecemento ordenado do noso concello, o PXOM. Cremos que a xestión urbanística debe estar unida ao medio ambiente para conseguir un crecemento equilibrado, racional e sostible”.
Rubén García, encargarase da Área de Deportes e Saúde. A través desta área “colaboramos a crear hábitos de vida activos e saudables, ó mesmo tempo que ofrecemos alternativas de ocio”.
Julia Barcia, será a responsable de Educación, Cultura e Igualdade. “Cremos firmemente que a educación é a arma máis poderosa para combatir a desigualdade, é por eso, polo que cremos fundamental que estas tres áreas estén unidas”.
A estrutura de goberno e a distribución das concellerías tratan de responder “con rigurosidade ás necesidades das veciñas e veciños de Trabada, e conseguir un desenvolvemento social e económico xusto e igualitario aproveitando os nosos propios recursos e potencialidades”, explicou Mayra García.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



