Burela, 11 de xullo de 2015.- “O banco máis bonito do mundo” está en Loiba (A Coruña), e ata aquí se desprazaron os sendeiristas de “Pasada das Cabras” de Burela para facer a ruta de sendeirismo dos acantilados de Loiba. O día amenceu un pouco gris e a partir do mediodía foi abrindo para dar lugar a unha xornada bastante soleada.
Nesta ocasión a participación foi destacada (máis de 50 senderistas), sobre todo pola utilización de Feve para o desprazamento e a presenza masiva de dito banco nos medios e redes sociais.
A ruta transcurriu ao longo dea costa e acantilados da zona e os caminantes percorreron os 13km da mesma en apenas tres horas, quedando tempo para o baño na praia de Esteiro, repoñendo forzas a continuación no restaurante da mesma.
En definitiva, un día de sendeirismo e camaradería nun dos lugares máis espectaculares do Cantábrico.