Foz, 17 de xullo de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo balance este venres das festas do Carme que acaban de finalizar.
Celebradas entre o 13 e o 16 de xullo, o rexedor destacou delas a ampla participación de veciños de visitantes, a organización “magnífica” da comisión de festas da asociación Sempre Foz e a emotividade dunhas datas tan sentidas na vila mariñeira.
“Facemos unha valoración moi positiva das Festas do Carme de Foz. Foi unha semana moi intensa que comezou o pasado venres con distintos actos culturais e de ocio que tiveron un éxito marabilloso, con moita participación e moita xente nos distintos actos da fin de semana”, declarou Javier Castiñeira. Ao aperitivo da fin de semana seguiulle o éxito dos días grandes. “A culminación foi o mércores e o día de onte, estamos moi orgullosos de toda a xente que participou una organización”, dixo o rexedor.
Castiñeira tivo un recordo especial para os que participan máis activamente na preparación do Carme. “Agradecemos á comisión de festas Sempre Foz o seu magnífico traballo de organización e financiamento destas festas, a colaboración da Agrupación Virxe do Carme de Foz e da Confraría, que se encargou das alfombras florais e da procesión; á parroquia, ao cura polo seu respecto e pola emotividade desta festa nos actos litúrxicos e aos grupos musicais e folclóricos, porque sen eles sería imposible que as festas tivesen o éxito que tiveron. Tamén agradecemos o seu traballo aos compañeiros municipais: ese esforzo na organización e na limpeza das rúas inmediatamente despois da procesión dá unha imaxe moi positiva. Grazas tamén á Policía Local e a Protección Civil e aos veciños de Foz e á xente que nos visita, que participan nas festas patronais coa mesma emotividade dun veciño. Á organización hai que darlle un sobresaínte”.
O alcalde rematou invitando “a seguir gozando de Foz esta semana, que temos as festas de San Martiño e Cangas e festivais como Aires do Masma, o aniversario da Coral ou a programación de Sons na Rúa, entre outros moitos eventos”.
























A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Este ano, como novidade, as crianzas participantes neste programa están a desfrutar de sesións de inglés dunha forma lúdica, dinámica e divertida, grazas á colaboración da English School de San Cibrao. A través de xogos, cancións, actividades participativas e moita creatividade, os nenos e nenas reforzan a aprendizaxe do inglés nun ambiente distendido, fomentando a comunicación, a curiosidade e a confianza para expresarse noutra lingua.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
O Grupo Sargadelos adquiriu todos os bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio de Burelarte S.L. As naves, de máis de 3.000 m² e os terreos anexos, con máis de 4.000 m², destinaranse a ampliar e mellorar a capacidade produtiva das empresas do grupo. Ademais, Sargadelos integrará a maior parte da plantilla de Burelarte e tentará manter viva a marca BurelaRTe, recoñecida pola súa calidade no gres porcelánico, sempre que a autoridade laboral o permita.



