Os días 19 e 26 de xullo os alumnos do curso de dinamización, que colaboran coa Área de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, coa programación e desenvolvemento de accións culturais do CIFP Porta da Auga, organizarán xogos tradicionais no Mercado dos Domingos. Será a partir das 11.00 horas na praza de abastos e a participación é aberta. Os asistentes poderán xogar á mariola, á pita cega, botar unha partida ao tres en raia e ás chapas ou lembrar o xogo da rá, entre outros. A actividade está destinada a todos os públicos.
Xogos tradicionais no Mercado dos Domingos
Xogos tradicionais no Mercado dos Domingos
Relacionado
-
Barreiros sumouse á conmemoración do Día Internacional do Orgullo
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo ás 19:30 h na praza do Concello