Mondoñedo, 18 de xullo de 2015- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou este sábado na presentación do cartel e do programa da XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo onde avanzou que o seu Goberno impulsará que sexa declarado Festa de Interese Turístico Galego para o que dará comezo “de xeito inmediato” aos trámites oportunos. Na presentación participou parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.
A rexedora puxo en valor o incremento de actividades coas que contará o Mercado Medieval con respecto a edicións anteriores. Neste senso, destacou a presenza dos cabaleiros medievais de Alfoz, os Kilomberos de Monte Alto e a Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II, entre outros moitos. Elena Candia explicou que o seu equipo de Goberno participou no deseño dun programa “que pon en valor a nosa historia” ao tempo que se comprometeu a realizar unha campaña de promoción estratéxica “que nos permita que Mondoñedo ocupe o lugar que lle corresponde a nivel histórico e turístico”.
A alcaldesa aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. Candia destacou, de xeito especial, o apoio prestado pola ANPA do colexio e da Escola de Música Municipal que, con máis de 40 nenos e nenas, formarán parte do programa festivo coas súas actuacións.
60 postos máis que a anterior edición
En concreto, a XXIV edición do Mercado Medieval contará con 200 postos de artesáns procedentes de distintas localidades. Elena Candia fixo fincapé no feito de que 60 deles son de nova incorporación, o que “dá conta do interese que este evento ten non só na localidade, senón a nivel provincial e incluso galego”, explicou. O Concello de Mondoñedo achega 33 dos postos. A rexedora anotou ademais que este ano o Goberno local apostou por reorganizar a ubicación dos postos e pola dinamización do mercado con innovadoras actuacións que, “a bo seguro, serán un reclamo para achegarse a Mondoñedo”.
Haberá postos de exhibición de actividades artesanais tales como forxa, palilleiras, traballo en coiro, zoqueiro. Os postos de venda de artesanía poñen a disposición do público unha ampla oferta de xoiería, traballo en coiro, cerámica, xoguetes, perfumes ou macramé. Ademais, haberá cunha ampla oferta gastronómica con postos de venda e consumo de diversos produtos.
VENRES, 7 DE AGOSTO
23.00 horas. Aquelarre de bruxas na Praza da Catedral. Xuntanza das Mesnadas Mindonienses e Soldados do Mundo Cristiano.
Rendemento de bandeiras ao Rei Afonso VII.
Xuizo por bruxería.
Homenaxe ás persoas célebres do Mercado Medieval.
Visita a San Roque e posterior pasarrúas acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.
00.30 horas. Entrega de poderes do lume, auga e terra ao Mago Merlín e purificación das bruxas na Rúa Bispo Sarmiento.
SÁBADO, 8 DE AGOSTO (DÍA DO TURISTA)
11.30 horas. Saída dende a Casa do Concello da comitiva formada polo Merino, Merina e Soldados das Mesnadas Mindonienses cara a Praza da Catedral acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.
12.00 horas. Pregón e apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de produtos artesáns de, forxa, cantería, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro. Venda de produtos típicos da terra.
Personaxes caracterizados por toda a Cidade.
Degustación gratuita de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá.
Venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral.
Exposición de aves rapaces na Praza da Catedral.
12.15 horas. Inauguración da Rúa Afonso VII; visita e inspección dos postos do Mercado polas Mesnadas Mindonienses.
12.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro e Coplas de Cego.
13.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.
13.00 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.
13.15 horas. Pasarrúas Pistacatro e Souto Xímaro.
13.30 horas. Exhibición de Cetrería na Praza da Catedral.
16.30 horas. Xogos Populares na Praza da Catedral a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval”.
17.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.
17.00 horas. Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.
18.00 horas. Audiencias Reais e nomeamento de Damas e Cabaleiros polo Rei Afonso VII no Campamento das Mesnadas na Praza da Catedral.
18.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses.
19.00 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.
20.00 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.
20.00 horas. Espectáculo dos Cabaleiros medievais de Alfoz.
20.30 horas. Pasarrúas pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.
21.00 horas. Cea Medieval; (polo asado, xamón cocido, empanada, pan e viño. Prezo: 10€, inclúe cunca e táboa conmemorativa). Venda de tickets: Oficina de Turismo e Praza da Catedral.
00.00 horas. Actuación de Festicultores. Organizado pola Asociación XOLDRA de Mondoñedo. Praza do Concello.
DOMINGO, 9 DE AGOSTO
11.00 horas. Apertura do Mercado Medieval. Demostración e venda de produtos artesáns de, forxa, cantería, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro. Venda de produtos típicos da terra.
Personaxes caracterizados por toda a Cidade.
Degustación gratuita de liscos, pan, viño e cervexa ao longo de toda a mañá.
Venda de xarras conmemorativas do Mercado na Praza da Catedral.
Exposición de aves rapaces na Praza da Catedral.
12.00 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro, Souto Xímaro, Coplas de Cego e Mesnadas Mindonienses.
12.15 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval por distintos espazos do Mercado.
12.15 horas. Pasarrúas a cargo de Kilomberos de Monte Alto.
12.30 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.
13.00 horas. Voda Medieval polo rito Mozárabe na Fonte Vella e posterior desfile da comitiva pola rúas da Cidade acompañados pola Irmandade de Tambores e Cornetas do Bispo Ramiro II.
13.30 horas. Pasarrúas a cargo de Pistacatro e Souto Xímaro.
13.30 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.
14.00 horas. Exhibición de cetrería na Praza da Catedral.
17.00 horas. Xogos Populares na Praza da Catedral, a cargo da Asociación de Xogos Tradicionais “O Cadaval”.
18.00 horas. Pasarrúas Pistacatro e Souto Xímaro
18.30 horas. Actuación do Cabaleiro Medieval polos distintos espazos do Mercado.
18.30 horas. Actuación de Kote Malabar no Parque do Seminario.
19.30 horas. Exhibición de Cetrería na Praza da Catedral.
20.00 horas. Pasarrúas a cargo de Kilomberos de Monte Alto.
22.00 horas. Clausura da XXIV edición do Mercado Medieval de Mondoñedo.
O Concello de Mondoñedo, durante a presentación do programa, fixo mención especial aos “Amigos do Mercado Medieval” e a todos os colaboradores e asociacións mindonienses colaboradoras que, de xeito desinteresado, traballaron e traballan para que este mercado siga a ser un éxito ano tras ano.
Pola súa banda, a organización agradece o consumo preferente nos locais comerciais colaboradores que estarán identificados no seu exterior, así como nos postos do Mercado.
























As persoas asistentes poderán degustar a tradicional merluza de pincho preparada en diversas elaboracións, nun ambiente festivo que se completará con animación musical para gozar dunha noite de sabor, encontro e bo ambiente.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continúa o sábado, a partir das 19.00 horas, coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



