A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá”, anuncia a ruta máis distintiva do calendario anual, coa que celebran, o “DÍA DA ASOCIACIÓN”. Este ano será o domingo, 2 de agosto; e nesta ocasión realizarán unha camiñata de circular, de 12 kms e dificultade baixa, con saída ás 09.30 horas da Área Recreativa da Cazolga.
Denomínase “RUTA DO MASMA”, e dará a oportunidade de desfrutar do fermoso entorno do Río Masma (tamén se confluirá nalgún tramo co outro río que vertebra o noso Concello, o Baos), tanto no seu paso polo Concello de Lourenzá, como no veciño Concello de Mondoñedo, xa que visitarán a parroquia de Masma.
Como non podía ser doutro xeito, e xa por terceiro ano consecutivo, o punto final será na Área Recreativa onde agardará unha tremenda churrascada para que os caminantes repoñan forzas. E como a tarde é longa, animarase con música, xogos… e pode que alguna chapuzada no río, polo que aconsellan levar traxe de baño e toalla.
Anotan ata as 14.00 horas do mércores, 29 de xullo, tanto no mail terrasdelourenza@gmail.com como nos teléfonos: 619 37 80 29 (Lupe) ou 636 49 64 48 (Marifé).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



