Ribadeo, 27 de xullo de 2015.- O Concello acollerá este luns unha sesión plenaria extraordinaria a partir das 20.30 horas. A orde do día está composta de catro puntos: a modificación do Plan Económico-Financeiro derivado da liquidación do orzamento xeral do exercicio 2014; a dación de conta do Informe Trimestral sobre o período medio de pagamento a provedores; a dación de conta do informe sobre o cumprimento de prazo da lei 15/2010 de 5 de xullo e unha moción do BNG en defensa do sector lácteo galego.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destacou especialmente a moción dos nacionalistas sobre a situación que atravesa a gandaría de leite: “especialmente hai un punto que queremos levar adiante, que é unha moción que presenta o grupo municipal do BNG sobre a situación do sector lácteo en Galicia, especialmente na Mariña e singularmente no que nos afecta a nós, en Ribadeo. O que pretendemos é que a posición do pleno se pronuncie a favor de demandar da Xunta e do goberno estatal medidas para cubrir esta inxustiza histórica da situación do agro e do leite, e ao mesmo tempo, pedir explicacións de por que en calquera outro punto do Estado se paga máis o leite do que se paga en Galicia. Sabemos que a posición do pleno non será determinante para resolver ese problema, pero se outros concellos coma Ribadeo acaban facendo o mesmo o goberno galego e do Estado terán que actuar dunha maneira efectiva”.
Na orde do día tamén están o informe sobre o prazo medio de pago a provedores e unha modificación do Plan Económico- Financeiro: “temos que dar conta desas normativas existentes sobre o tempo medio de pago aos provedores, que se debe facer de maneira trimestral, e onde se reflexa que a situación do período medio de espera está moi por debaixo do que marca a lei. Son 17 días dende que se aproban as facturas e hai 30 días para aprobalas, así que 47 días é o tempo medio de pagamento aos provedores. É algo que está absolutamente dentro da norma e mesmo por debaixo”.
Por último, Suárez Barcia tamén explicou o cambio no Plan Económico- Financeiro que someterá a aprobación do pleno: “é unha modificación por mor dun pequeno desaxuste debido dunha cuestión puramente técnica: no exercicio anterior investiuse máis do que a regra de gasto permite. Non se fixo sabendo que incumpría a norma, senón que se usaron as garantías que se incautaron para continuar as obras do pavillón polideportivo, dado que aquela primeira empresa quebrou e esas garantías, como proveñen dunha institución privada, non pública, non entran no que ten que ver coa regra de gasto. É necesario explicalo, aprobalo no pleno e envialo ao Ministerio para que o teña en conta. Non ten máis cuestión, é unha cousa ordinaria”.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



