Burela, 28 de xullo de 2015.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela afirmou este martes que “o alcalde xa está facendo o que sabe facer mui ben, sacarse de encima responsabilidades, e culpar dos seus males a outras administracións, algo que facerá de forma habitual nos próximos catro anos. Neste caso, no que se refire á contratación ou non de máis socorristas por parte do Concello, e así o deixou reflexado no día onte, na comisión informativa sobre contratacións e persoal”.
Nesa comisión o alcalde afirmou que “non se poden contratar máis socorristas porque a Xunta non concedeu máis subvención”.
O GMP afirma que a Xunta concedeu subvención para a contratación de oito socorristas, cando efectivamente o ano pasado se concedera subvención para dez. Os motivos foron a concesión de subvencións a máis concellos cunha dispoñibilidade económica similar á do ano pasado.
“Pero, asegura o GMP, a competencia directa do servicio de salvamento e socorrismo nas praias é dos concellos, algo que debería coñecer o alcalde, e que interesadamente ignora”.
“Polo tanto, afirma o GMP, é obrigación directa do alcalde arbitrar os medios para que haxa os suficientes socorristas para atender o servicio alomenos nas praias que contan con bandeira azul, de forma e maneira que o servicio teña unhas garantías mínimas”.
O GMP di que “se todos entendemos que o número de dez socorristas é o necesario e suficiente para atender con garantías as tres praias bandeira azul, e o concello conta con oito, o alcalde tén que arbitrar as medidas para garantir a calidade mínima do servicio. E non pode decir o alcalde, como dixo, que a culpa é da Xunta por dar subvención para oito e que non pode contratar máis socorristas por ‘imperativo legal’”. O GMP afirma que “o alcalde minte”.
Os edís populares aseguran que “hai dúas vías para a contratación de máis socorristas. Unha, a contratación directa, que o concello podería facer xa que se trata de postos de traballo vinculados coa seguridade cidadá, que require unha xustificación concisa da necesidade da contratación. E dúas, no caso de que a vía anterior non se poida utilizar, hai outra fórmula, algo máis cara pero máis sinxela, que iría con cargo ó capítulo II (gasto corrente) do presuposto de gastos, que pasa por contratar os servicios dos socorristas que se precisen a través dunha empresa de servicios especializada, que as hai”.
Os populares lembran que “esta segunda posibilidade xa foi usada no último goberno popular, ante as dificultades para usar a primeira das solucións, entre outros casos, para abrir ó público o Barco Museo Reina del Carmen”
“E se non hai partida presupostaria definida, din desde o GMP, hai mecanismos legáis para obtela, coma os expedientes de modificación de créditos ou as transferencias de crédito”.
Segundo o GMP, “a conclusión é mui sinxela, Burela non conta con dez socorristas polo pouco traballo do alcalde, e pola súa coñecida tendencia a non asumir nunca a culpa de nada e cargala sobre todos, dúas características da forma de ser do alcalde que veremos reiteradamente nos próximos anos”.
Finalmente, os populares confían en que “a seriedade dos usuarios e o bó facer dos socorristas eviten accidentes. Porque se hai accidentes graves nas praias, o responsable directo sería o alcalde por non ter máis socorristas nos areáis cando pode contar con dous máis, que serían os idóneos”.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



