Ribadeo, 29 de xullo de 2015.- O IV Torneo de Verán do Pádel Club Ribadeo celebrarase entre o 16 de o 23 de agosto con múltiples actividades relacionadas con este deporte: formación, partido exhibición e sorteo de palas e material deportivos entre os participantes no torneo, que terá lugar nas instalacións do PCR.
As actividades comezan o 16 de agosto co clinic dirixido por 4 xogadores do World Padel Tour: Ramiro Moyano, Fede Quiles, Borja Yribarren e Godo Díaz. Esta formación, para a que é necesario inscribirse, terá lugar dende as 10 ás 13 horas e continuará pola tarde, a partir das 19 horas, cun partido exhibición dos 4 xogadores, que será aberto a todos.
Do 17 ao 23 de agosto celebrarse o torneo entre os participantes inscritos en doblered.es ou no teléfono 650.624.350. Coa inscrición os participantes levarán unha camiseta e poderán gozar dunha churrascada gratuíta o día 22. Ademais sortearanse palas e material deportivo entre os competidores.
Os premios para os campións serán económicos e en cheques para consumir na tenda de roupa e accesorios Siete Pecados, de Ribadeo. En masculino 1ª: o primeiro premio levará 450 euros e 200 euros en cheques de compra; e o 2º, 200 euros e 100 euros en cheques; en Masculino 2ª, o 1º premio recibirá unha pala e un cheque de 200 euros; e o 2º, unha pala e un cheque de 100 euros; para masculino 3ª, o 1º premio conseguirá unha pala e 200 euros en cheques de compra e o 2º será unha pala e 100 euros en cheques. As competidoras na categoría feminina disputaranse un 1º premio dun cheque de 200 euros e unha pala e un 2º de 100 euros en cheques máis pala. Os que compitan na categoría mixta poderán gañar un 1º premio de pala máis 200 euros en cheques para consumir en Siete Pecados e un 2º de pala e 100 euros en cheques. Para os veteranos, maiores de 40 ou suma de 84 anos, hai estes premios: o 1º é pala máis 200 euros en cheques de compra; e o 2º consiste en pala máis 100 euros en cheques.
No patrocinio deste evento deportivo participan Grupo Ditram, Siete Pecados, AXA Seguros Oscar García Teixeira e Jim Sports. Colaboran Gestión Gratelu, Sondeos Occidente, Drop Shot, Softee, Serviocio, Gráficas Ribadeo, Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
