Ribadeo, 3 de agosto de 2015.- Descontos en tendas, música en directo, regalos e percorridos gratuítos no tren turístico cultural de Ribadeo son algunhas das propostas da Noite Flúor 2015, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.
Os 40 locais participantes estarán abertos de nove a doce da noite o vindeiro xoves, 6 de agosto, “tempo no que os que o desexen poden atopar interesantes descontos en tendas, así como regalos, sorpresas e música en directo. Ademais, o tren turístico cultural da vila ofrecerá servizos de balde para visitar as tendas que se dan cita na Noite Flúor e que se atopan situadas nas rúas San Roque, Ramón González, Reinante, San Francisco e Rodríguez Murias, e nas avenidas de Galicia, Rosalía de Castro e Calvo Sotelo”, explican desde a directiva de Acisa. O servizo do tren flúor será totalmente gratuíto.
E na rúa Reinante haberá xogos para @s máis pequen@s: carrilanas, patinetes e colchoneta.
Desde Acisa animan “a todo o mundo a achegarse ás tendas o xoves de 21 a 24 horas e a gozar das múltiples propostas que atoparán nelas. A Noite Flúor, que organizamos desde hai algúns anos é sempre un éxito, que agardamos repetir neste verán de 2015”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



