Viveiro, 22 de agosto de 2015.- Marcelo Vasquez, atleta do C.D.Egovarros-Viveiro, competiu no Campionato do Mundo de Veteráns, na categoría de M-40 nos 3000 m obstáculos acadando a novena posición cun tempo de 10 minutos e 14 segundos, véndose moi perxudicado por ter que correr na serie B ó non ter unha marca nesta temporada nesa proba, co que lle faltou competencia para tratar de mellorar o tempo ó gañar con certa facilidade na súa serie. De volta mostrou a súa satisfacción por ter representado a España por primeira vez nun Campionato do Mundo, agradecendo á directiva do clube viveirense todo o apoio que lle deron.
