Mondoñedo 23 de agosto de 2015.– Tras unha xuntanza entre os voceiros dos distintos grupos políticos no Concello de Mondoñedo, acordouse, por unanimidade, iniciar o expediente para conceder ao Seminario Santa Catalina a medalla de ouro pola súa aportación docente e cultural á sociedade.
Todo apunta a que a distinción se entregue o 17 de outubro, coincidindo co acto de homenaxe que os exseminaristas lle están organizando a Santa Catalina, unha Institución das máis prestixiosas debido a calidade na súa docencia.
A rexedora de Mondoñedo, Elena Candia, que foi a encargada de liderar na Corporación esta iniciativa, tras reunirse cos organizadores da homenaxe, explicou que seguirase o regulamento para concesión de honores e distincións de 1970 e salientou que será a primeira institución en ostentar esta distinción.
Trátase da quinta medalla que o Concello de Mondoñedo outorga, sendo a primeira no ano 1969 a Álvaro Cunqueiro e a última no ano 1984 a Eugenio García Amor.