Xove, 10 de setembro de 2015.- Para o Domingo dia 20 de Setembro, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE desprazarase ao Concello de Ribas do Sil (Lugo) para facer a Ruta, “A Cubela”.
A Ruta A Cubela, e unha das Rutas mais bonitas que se poden facer na Ribeira Sacra.
Antiguas minas romanas de ouro, aldeas restauradas, viñedos, soutos, castros, igrexas románicas, mosteiros, e o espectacular meandro de 180º do rio Sil na Cubela.
O Grupo tamén visitará San Clodio, a capital do Concello de Ribas do Sil.
PROGRAMACIÓN DOMINGO DIA 20 DE SETEMBRO
Ruta: “A Cubela”
Distancia: 14 km
Dificultade: Media-Baixa
Saída en Autobús: dende o Centro Civico de Xove.
Hora: 7:45h,. da mañan.
Prezo:
Socios Federados: 12.-€
Socios con Seguro Deportivo: 14,.€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios con Seguro Deportivo: 17.-€
Comida: Bocatas (por conta propia)
Información e Inscricions: Piscina Municipal de Xove ou no telefono 618 97 61 59
Data tope de inscricion: Venres día 18 de Xullo as 10 da mañá.
FOTO: Meandro do Rio Sil na Cubela






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



