O Real decreto – lei 16/2012, do 20 de abril do Goberno do PP, entre outras disposicións, modificou o artigo 12 da Lei 4/2000 de estranxeiría suprimindo o acceso ao Sistema Nacional de Saúde en igualdade de condicións cos españois para os inmigrantes empadroados, limitando a súa atención aos supostos de emerxencia, embarazo parto e postparto, e menores de 18 años.
Esta norma foi frontalmente contestada por partidos políticos da oposición e por sectores moi amplos e diversos da sociedade española (organizacións de dereitos humanos, humanitarias e de cooperación, sociedades profesionais e científico – médicas, sindicatos, gobernos autonómicos, etc.) por negar o dereito humano á saúde e ao acceso aos servizos sanitarios, por ser lesiva para a saúde pública xeral, por inhumana e inxusta, por improvisada, etc., pero tamén por falta de rigor nos supostos de abusos e aforro cos que o Goberno do PP pretendeu xustificala.
Os Socialistas temos manifestado sempre con toda claridade e contundencia o noso absoluto desacordo cun real decreto lei que veu modificar o modelo de sanidade pública que ata agora tiñamos, pois o que para nós sempre foi un DEREITO ligado a condición de cidadán co decreto do PP transformábase nun SERVIZO reservado só para as persoas aseguradas.
Así, nas comunidades autónomas gobernadas polo PSOE (Andalucía e Asturias, xunto con País Vasco e Navarra encontraron formas de dar atención ós inmigrantes ante a hostilidade do Goberno de Rajoy, que obstaculizou estas medidas chegando a recorrelas, sen éxito, nos tribunais.
As eleccións do 24 de maio pasado cambiaron radicalmente a paisaxe política das comunidades autónomas, desaloxando delas moitos gobernos do PP e levando ao PSOE aos gobernos de Aragón, Baleares, Cantabria, Castela- A Mancha, Estremadura, Comunidade Valenciana e Canarias. Estes gobernos, consecuentes cos valores socialistas, apresuráronse a dar atención sanitaria aos inmigrantes dos seus territorios excluídos polo Real decreto lei 16/2012.
Ante esas medidas o PP a través do Goberno central reacciona disparatada, precipitada e descoordinadamente, ameazando primeiro ás comunidades autónomas cunhas fantasiosas sancións da UE, para logo contradicirse e facer a enésima proposta preelectoral para solucionar o problema. Pois xa leva o PP feito toda unha serie de propostas absurdas, a maioría electoralistas, por tratar non de solucionar o problema creado por eles, senón para tratar de recuperar os votos perdidos cunha medida tan antisocial.
Primeiro encargaron ás ONGs a atención destes colectivos; despois falaron de facturar a atención aos países de orixe dos inmigrantes; mais tarde dixeron que os inmigrantes ilegais subscribiran un seguro (“convenio especial de prestación de asistencia sanitaria a persoas que no teñan a condición de aseguradas ni de beneficiarias do Sistema Nacional de Saúde e se modifica o Real decreto 1192/2012”), aprobado no Real Decreto 576/2013, o que resultou un fracaso sen paliativos, como era de esperar; e así ata chegar as eleccións de maio 2015, que, como primeira promesa preelectoral, se comprometeron a habilitar o acceso á Atención Primaria, xusto antes das eleccións autonómicas.
Agora, antes das eleccións xerais, fan a segunda promesa preelectoral: a creación dun rexistro nacional de inmigrantes sen papeis, iniciativa/ocorrencia do Ministerio de Sanidade, absolutamente disparatada, tal e como temos denunciado os socialistas, as organizacións humanitarias, as profesionais e as sanitarias.
A única alternativa posible e seria para solucionar á situación creada polo Real decreto lei 16/2012 do Goberno PP é solo a súa DERROGACIÓN e SUBSTITUCIÓN por outra lei que recoñeza “a cobertura sanitaria universal como dereito constitucional de cidadanía e/ou residencia, en igualdade de condicións para todos”.
Está moi claro que a iniciativa última do Ministro de Sanidade do Goberno PP é disparatada por ser contraditoria nos seus termos (¿rexistro nacional de sen papeis?) e pola súa imposible implementación práctica.
O PSOE dende os gobernos das comunidades autónomas, Parlamentos autonómicos, e concellos defenderemos unha sanidade universal, pública e de calidade, esixindo ao Goberno seriedade, rigor e coherencia en materia sanitaria.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal Socialista de Ribadeo, propón ó Pleno municipal a adopción do seguinte ACORDO:
O Concello de Ribadeo insta ao Goberno do Estado a que, de forme inmediata, derrogue o Real decreto lei 16/2012 e o substitúa por outra lei que recoñeza a cobertura sanitaria universal do Sistema Nacional de Saúde como dereito constitucional de cidadanía e/ou residencia, en igualdade de condicións para todas as persoas.
10 setembro do 2015
Voceiro/a Grupo Municipal Socialista
D. Roberto Ramos Piñeiro



















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



