Ribadeo, 10 de setembro de 2015. O alcalde, Fernando Suárez, participou este xoves na nova mobilización en defensa do sector lácteo celebrada en Compostela. O rexedor chamou dende a manifestación ao compromiso da Xunta e do Estado para garantir uns prezos que cubran os custes de produción dos gandeiros.
Suárez Barcia explicou que “estamos aquí no medio desta multitudinaria manifestación en Compostela, á que viñemos moita xente de Ribadeo, pero tamén de outros concellos da nosa comarca. Estamos aquí demandando xustiza, un prezo do traballo, un prezo do leite xusto, que permita cando menos cubrir os custes de produción. Esa é a voz unánime dos gandeiros e penso, polo que vexo estes días, que conta co apoio unánime social desta xusta reivindicación”. O alcalde dixo que “é hora polo tanto de que os gobernos, os que teñan máis competencia na materia, o Estado e a Xunta, poñan de verdade toda a carne no asador. Non valen escusas de dicir todo o que a legalidade permita. A legalidade son as leis, e as leis fanas os gobernos e se queren os gobernos poden cambiar as leis porque dende logo este sector do agro, do campo galego, ten dereito a existir. É un esforzo entre todos”.
O rexedor ribandense lembrou a misiva enviada á distribución do municipio demandando boas prácticas ao sector: “dende Ribadeo hai uns días enviamos unha misiva cordial a todos os establecementos de distribución que temos en Ribadeo, dado que somos un lugar con moita presenza deste sector.
Pedimos que por favor non usen o leite como reclamo, que non o vendan por debaixo do prezo de custe, porque isto é unha pequena vitoria a curto prazo, pero faille moi mal ao sector das explotacións gandeiras. Espero que tomen boa nota de como se esta mobilizando o país e que todos a unha fagamos un agro galego vivo, que é o que merece”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



