O xoves 10 de setembro, acabado de comezar o novo curso, dedicamos o noso Parolando na Radio Burela ós máis pequenos, ós que comezan no mundo escolar ou educativo, ós nenos de entre 0 e 3 anos, principalmente atendidos por garderías, ociotecas ou iniciativas como “Aprendendo en Familia” (antes “Preescolar na Casa”). Nun mundo moderno como este no que vivimos, os pais están con frecuencia fóra da casa por motivos laborais e teñen que ser estas institucións as que se ocupen dos máis pequenos.
Acompañáronos no estudo Encarna (unha das responsables de “Educando en Familia” na Mariña), Teresa (unha das responsables comarcais da rede de garderías “Galiña Azul”), Ana e Taís (da ocioteca “O Rincón do Trasgo” de Burela), Carol (da ocioteca “Oz” de Foz) e Sonia (que vén de abrir estes días a ocioteca “Taravás” en Burela).
Xuntos, acompañados, como sempre, de Matías, a alma da Radio Burela, fomos analizando os detalles desta etapa da educación tan importante, a dos primeiros anos da nosa vida, porque nela teñen a súa base todas as demais.
Grazas a todas estas profesionais da ensinanza, que gustan máis de definirse como educadoras que como coidadoras.