Xove, 22 de setembro de 2015.- O pasado venres, 18 de setembro, ás 10:30 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán (diante duns 170 alumnos/as) e ás 12:00 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón para uns 90 alumnos/as, tres profesores da Escola Municipal de Música de Xove (trio composto por dous violíns e un chelo) realizaron un pequeno concerto en cada un dos citados centros educativos, dunha duración de media hora cada un deles. Interpretaron varias adaptacións para esta instrumentación peculiar como algún tema de banda sonora, temas populares e tamén algún tema clásico.
Con estes dous concertos abriuse o Curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Xove. Os concertos tiveron unha dobre finalidade, cultural por un lado e, por outro, promocional, no sentido de que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se matriculen na Escola de Música, o cal aínda poden facer ata finais deste mes de setembro. Ata o día 30 de setembro, no Rexistro de Entrada das Oficinas Municipais, poden realizar a preinscrición na Escola Municipal de Música.
Estes dous concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



