Xove (Lugo), 26 de setembro de 2015.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella incidiu que é fundamental seguir apoiando e traballando conxuntamente con todas aquelas entidades que loitan activamente contra a violencia de xénero contra as mulleres, e especialmente con aquelas que teñen algún tipo de discapacidade.
Susana López Abella asistiu hoxe ao Encontro Provincial de mulleres con discapacidade: saúde e alimentación, organizado por ACADAR, onde relatou que segundo o IGE, na nosa comunidade hai 146.627 mulleres con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial, polo que indicou que o recoñecemento da diversidade supón convivir nun mundo que garanta a Igualdade de oportunidades para todos e todas considerando as diferenzas, pero sen abandonar a perspectiva de que as persoas con discapacidade comparten obstáculos e dificultades co resto da cidadanía.
No ano 2010 aprobouse e púxose en marcha o primeiro plan de acción integral dirixido ás persoas con discapacidade de Galicia, como novo marco de actuación do goberno galego para o período 2010-2013, co fin de que as galegas e galegos con discapacidade gocen dunha cidadanía plena e participen activamente na vida comunitaria ata conseguir a súa inclusión en todos os ámbitos.
Unha vez rematada a vixencia do antigo Plan, a Xunta está a elaborar a Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, segundo indicou a secretaria xeral, unha actuación que non se limita á elaboración de plans, programas e actuacións exclusivamente dirixidos a persoas con discapacidade senón que traballa por acadar día a día un cambio “cultural” da acción administrativa, para considerar a discapacidade nas accións de carácter xeral nos distintos ámbitos, desde unha perspectiva de atención integral dirixida a mellorar a vida das persoas con discapacidade, e no que a igualdade de oportunidades con carácter transversal está moi presente.
O acceso en condicións de igualdade e a permanencia no mercado de traballo son elementos fundamentais de desenvolvemento persoal que contribúen ademais á plena inclusión social das persoas con discapacidade, indicou López Abella.
Por este motivo, a Secretaría Xeral da Igualdade e Acadar asinaron o pasado mes de xuño un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de sensibilización e prevención da violencia de xénero contra as mulleres con discapacidade. Ademais, para o mes de novembro está programada en Santiago unha xornada técnica sobre violencia e discapacidade dirixida a 100 profesionais de toda Galicia, onde se presentará un caderno artístico sobre a violencia contra as mulleres con discapacidade que servirá de ferramenta sensibilizadora e formativa para toda a cidadanía.
Ademais, como novidade dentro do convenio asinado no 2014 entre a Secretaría Xeral da Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para o programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero e para as e os menores e outras persoas dependentes, se recolle a garantía de acceso ao programa de atención psicolóxica especializada para persoas con discapacidade auditiva e/ou da fala. Ademais o Teléfono da Muller (900 400 273) é un servizo de balde, anónimo e confidencial, que funciona as 24 horas do día e ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.
Este recurso esta preparado para atender a persoas con discapacidade auditiva, a través do servizo Telesor, e conta cun sistema de teletradución a 51 idiomas facilitando que a comunicación se estableza na lingua empregada pola persoa usuaria. O Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero (CRI) de Santiago de Compostela, tamén contempla unha atención específica para mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero e está adaptado ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.
Acadar
A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia forma parte de la Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade. Foi constituída por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade galegas, de reivindicar o cambio social e ofrecer servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.
A misión da entidade é promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e nos sitúan nunha posición con maiores niveis de discriminación.



















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



