Mondoñedo, 10 de outubro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia a incorporación dun novo artesán ao Proxecto de Artesanía dos Muíños, que implica a posta en valor dos oficios tradicionais. Abrirase un taller-museo de cantería, que ocupará o espazo anexo ao alfar, e nel levarase a cabo a actividade artesanal de forma interactiva, podendo os visitantes participar nas actividades, baixo o asesoramento do artesán e onde se establecerá unha tenda para a venda dos produtos.
A alcaldesa e o artesán Fernando Vilariño Gosende chegaron a un acordo para asinar o convenio que regula a relación entre o particular e o Concello e que se converte “nun paso adiante na revitalización do Proxecto Artesanía Os Muíños, de recuperación destes oficios tradicionais e de posta en valor do barrio, ademais de tratarse dun novo reclamo turístico”.
Agradecemento
Candia mostrase moi contenta con este “avance” e agradece ao “coñecido artesán en Mondoñedo, casado e con tres nenas, tanto a súa colaboración desinteresada en todos os eventos culturais e lúdicos da cidade, como a súa boa disposición para implicarse na dinamización deste proxecto nos Muíños. Necesitamos xente comprometida coa localidade e co proxecto”.
Avance no compromiso de revitalizar o proxecto
A popular lembra que o Goberno adquiriu o compromiso de revitalizar este proxecto para o que está a promover cambios e “corriximos todo aquilo que consideramos que non se estaba a facer ben. Agora estas modificacións no proxecto empezan a dar os primeiros pasos, coa incorporación deste novo artesán”. A idea, engade a popular, é a de optimizar os espazos dos que dispón o Concello para revitalizar un proxecto, iniciado polo goberno popular, acadando incluso un premio Agader, e que os “socialistas e nacionalistas abandonaron, situación derivada da súa falta de compromiso coa localidade”. “Estamos a avanzar no noso compromiso de revitalización do proxecto”, matiza.
Taller de alfarería
Nesta liña de compromiso tanto co proxecto coma co Barrio dos Muíños, o Goberno local tamén está a traballar na posta en marcha dunha Escola de Alfarería, unha iniciativa dos populares para cuxo desenvolvemento están a buscar financiamento das administracións. Segundo explica a alcaldesa, incluiría a celebración dun curso de seis meses durante as horas necesarias que permitise optar á carta de artesán e que se impartiría no alfar dos Muíños. Esta proposta “garantiría a apertura do alfar en horario necesario de tal xeito que o podamos considerar un recurso turístico”, matiza.
Convenio de colaboración
O convenio de colaboración que asinarán entre o Concello de Mondoñedo e o artesán regula a obriga das dúas partes. A administración local porá a disposición do artesán o local e deberao apoiar e asesorar, así como promocionar o seu taller. Mentres que o artesán xestionará e dirixirá o taller-museo e correrá cos gastos de mantemento, ademais de elaborar de xeito artesanal os produtos e promocionar e potenciar o oficio e o barrio dos Muíños. A duración do convenio é dun ano, prorrogable á finalización do mesmo.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



