O Burela Pescados Rubén imponse no derbi galego ante Poio Pescamar por 5-3 nun partido que mantivo a emoción ata o final a pesar do dominio laranxa. O duelo comezou cun Burela dominador que apenas deixaba respirar á escuadra pontevedresa pero unha xogada afortunada permitiu ao Poio Pescamar adiantarse no marcador (0-1), minuto 6. A pesar do resultado adverso as mariñás persistiron na súa idea de xogo e voltearon o marcador con goles de Gaby (1-1), nunha contra guiada por Ceci, e Lara (2-1) que bateu con determinación a meta defendida por Irene. Co 2-1 chegouse ao descanso e nos inicios da segunda parte chegou o 2-2, obra de Yoli, dando paso a uns minutos de igualdade no xogo. O Burela non atopaba espazos ante a boa defensa pontevedresa ata que Peque coa súa garra habitual perseguiu un balón para asistir a Lara que establecía o 3-2 de cabeza, minuto 26. O tanto tranquilizou ás locais que aumentaron a súa renda (4-2) por mediación de Peque e o Burela Pescados Rubén puido sentenciar definitivamente pero perdoou en exceso. Na recta final o Poio apostou polo xogo de cinco e Jessi recortou distancias (4-3) levando a emoción a Vista Alegre. No último minuto Peque disipou calquera dúbida marcando o definitivo 5-3 para adxudicarse o derbi galego e contar as xornadas por triunfos.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Ceci, Bea Mateos, Shio –cinco inicial- Maite, Gaby, Lara, Andrea.
Poio Pescamar: Irene, Yenni, Charo, Claudia, Nere –cinco inicial- Yoli, Jessi, Ale de Paz, Suki.
Goles: 0-1, m.6, Claudia (p.p); 1-1, m.9, Gaby; 2-1, m.12, Lara; 2-2, m.21, Yoli; 3-2, m.26, Lara; 4-2, m.31; 4-3, m.36, Peque; 5-3, m.40, Peque.
Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. 500 espectadores.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
