Lugo, 15 de outubro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo e voceiro do Grupo Municipal local, Jesús López Penabad, quixo manifestar a alegría dos populares ante a decisión da empresa Ence de continuar a traballar en Mirasol ao tempo que lle lembran ao alcalde da localidade que “estas noticias positivas son o resultado dun compromiso claro e manifesto da Xunta de Galicia co porto de Ribadeo e non derivan da súa xestión, xa que unicamente se limita a poñer estorbos no camiño ante a creación de postos de traballo”.
López Penabad considera que “é de ben nacido, ser agradecido” e, neste senso, pon en valor o traballo do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, que adoptou varias decisións que melloraron as condicións competitivas do Porto de Mirasol, como é, entre outras, a redución do pago das taxas portuarias impostas. “O traballo ben feito ao longo de anos trae resultados beneficiosos para todos os veciños e veciñas da nosa localidade”, engade o presidente dos populares de Ribadeo. “O alcalde debería saber recoñecer esta labor da Xunta de Galicia e apostar por un traballo conxunto, sen antepoñer os seus intereses partidistas e políticos ao benestar dos seus veciños. Tónica que caracteriza o seu Goberno”, matiza.
Suárez Barcia considera prioritario o partido e non os veciños
O presidente dos populares asegura que “o tempo descubre as intencións e pon a cada un no seu sitio” e no caso de Suárez Barcia evidencia que “o prioritario para o nacionalista é o seu partido e non o son os seus veciños de Ribadeo”. López Penabad acusa ao alcalde de non quererlle “poñer deberes ao BNG na Deputación de Lugo e por iso se negou a que Ribadeo conte cun campo de fútbol con herba artificial”.
“Temeroso do que podería chegar a pasar e que se confirmou a semana pasada, o alcalde non quixo obrigar aos nacionalistas a mellorar o Pepe Barrera, por iso se decidiu por non facer unha obra moi necesaria para Ribadeo e preferiu nin tan sequera solicitar ese investimento para a localidade”, aclara López Penabad. “Nin quere recoñecer o traballo ben feito en beneficio de Ribadeo, nin quere facelo el”, conclúe o popular.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



