Parece que o alcalde na sombra do noso concello, o Sr. Arango anda algo molesto porque os grupos da oposición cumprimos có noso deber: facer oposición. Seica o feito de non poder poñernos mordaza o altera un chisco, non só nos plenos, onde a súa crispación e o seu mal humor nos deixan escenas que con seguridade nun concello pequeno coma Lourenzá non se vivían nin na época post dictadura. Época que parece querer facer revivir o Sr. Arango aos veciños de Lourenzá restrinxindo a liberdade de expresión ao máis estilo fascista, algo, cando menos chocante dos que presumen “ir de progres”.
Cómpre recordarlle ao Sr. Arango que o 24 de Maio estaban chamados ás urnas 1997 veciños e veciñas de Lourenzá, dos cales, 787 avalaron a candidatura socialista, polo tanto, era ben que, tivera en conta esas 1210 persoas que non dixeron SI ao Partido Socialista. E sobre todo, non alardear tanto de resultados cando todos sabemos cal foi o verdadeiro motivo de que hoxe gobernen en Lourenzá. En todos os bares do pobo, e en cada recuncho onde a xente fala foron comentadas as mañas que lles fixeron goberno. Dende o partido popular preguntámonos se, de haber hoxe eleccións, sacarían os mesmos resultados?, fáganse vostedes tamén a pregunta e contéstense sen rubor.
Cómpre recordarlle ao Sr. Arango que están gobernando Lourenzá, segue actuando como cando exercía de oposición en Trabada, debe ser por iso que aínda non se decatou que cando se está á fronte dun Ente Público o diñeiro que se xestiona é de todos e cómpre xestionalo conforme á Lei, tanto dá que se sexa asesor, deputado, concelleiro, ou ministro, e isto ven ao fío de que traer xestión para Lourenzá non é coller un feixe de cartos e repartilos de xeito discriminatorio entre os veciños, algo que denunciou o BNG de Lourenzá e o Sr. Arango confirmou no seu último artigo de opinión. A maior parte das subvencións que a deputación do imputado Sr. Besteiro concedeu a distintas asociacións fíxoo de xeito partidista, e, por riba, o feito de que un familiar directo da actual alcaldesa, daquela portavoz, fixera as obras, cando menos é curioso, non si?.
Cómpre recordarlle ao Sr. Arango que xestión implica mover o traseiro e tocar a distintas portas presentando proxectos e pedindo colaboración. Fixeron vostedes algo disto en catro meses? Acaso pediron vostedes algo á Deputación de Lugo no mandato popular? NON, dígao vostede alto e claro, pero era ben que, polo menos a Sra. Alcaldesa xustifique o seu soldo acudindo a aquelas reunións ás que é convocada e non asiste, e xa van unhas cantas, coa Xunta, coa Deputación, con outros alcaldes …. sempre se aprende algo e sempre é unha oportunidade para pedir por e para Lourenzá. Menos soberbia e máis entrega.
Cómpre recordarlle ao Sr. Arango que sí son responsabilidade de quen goberna as xestións iniciadas polo anterior goberno e que desafortunadamente a día de hoxe están sen resolver. Agora tócalles a vostedes “levantar o traseiro da poltrona” e chamar ás portas en busca de financiamento, colaboración ou convenios. Máis non se preocupen, en vistas de que vostedes non o fan, seremos o grupo municipal do partido popular os que seguiremos marcando a folla de ruta dun goberno socialista sen rumbo.
Cómpre recordarlle ao Sr. Arango que a oposición ten o deber de fiscalizar e impulsar as accións do goberno, e que o goberno ten a obriga de gobernar, así que gobernen, e fagan públicas todas e cada unha das xestións que realizaron nestes catro meses. Cantas entrevistas solicitaron? Cantas solicitudes rexistraron? Decímosllelo nós: solicitaron axuda económica para a Festa da Faba despois de que durante a Comisión de Contas celebrada o 21 de Agosto a Sra. Alcaldesa preguntara á daquela asesora na Deputación, a nosa portavoz, pola axuda, sendo alertada por esta de que tiñan que solicitala, de non ser así, aínda estaría sen pedir.
Cómpre recordarlle ao Sr. Arango que teñen a obriga de gobernar, déixense vostedes de pantomimas e aproveiten a casualidade que as urnas lles deu o 24 de maio e gobernen, asuman dunha vez por todas o papel que lles toca desempeñar.
Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá (Emma Alvarez, Javier Barrera, Fina Rodríguez e Pablo Maseda).


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



