Os presidentes da Fundación CEL – Iniciativas por Lugo e a Deputación Provincial de Lugo, Luís García Santalla e Darío Campos Conde respectivamente, presentaron este martes nas instalacións do viveiro de empresas lucense o “Proxecto Emprendedores”, un programa divulgativo e formativo en virtude do cal se desenvolverán diferentes accións orientadas ao fomento de vocacións emprendedoras na provincia.
Concretamente, en virtude o proxecto organizaranse, por unha banda, 24 xornadas presenciais de “sensibilización, motivación e difusión da cultura emprendedora”, nas que participarán un total de 1.200 alumnos dunha vintena de centros educativos (institutos e centros de formación profesional) situados nas zonas norte, centro e sur da provincia de Lugo e, por outra, accións formativas gratuítas, orientadas a todo tipo de persoas interesadas en crear unha empresa, sobre “Actitude Emprendedora e Oportunidades de Negocio” e “Xestión da Prevención de Riscos Laborais en Pequenos Negocios”. Esta segunda parte do proxecto, que se executará vía teleformación, está dotada cun total de 140 prazas.
Vocación emprendedora
O presidente da Fundación CEL, Luís García Santalla, destacou durante o acto de presentación que o “Proxecto Emprendedores” nace do convencemento da Fundación CEL de que é necesario “plantar a semente da vocación emprendedora” xa no sistema educativo, orientando desde fases temperás a “futuros empresarios, dando alas ás súas ideas e sinalándolles o camiño a seguir”. Subliñou que “o espírito emprendedor é sen ningunha dúbida un dos principais motores de innovación, competitividade e crecemento da economía dun país”, así como que a necesidade de “fomentar a cultura emprendedora” é máis que nunca imprescindible como vía de progreso económico e loita fronte á crise.
Pola súa banda, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacou que “é unha satisfacción continuar con esta iniciativa empezada por Gómez Besteiro, porque aposto polo autoemprego como ferramenta para acceder a un posto de traballo, promovendo a igualdade e a conciliación familiar así como combatendo a fenda salarial”.
Nesta liña, Campos Conde valorou que “debido á situación da provincia, que conta con máis de 21.000 lucenses desempregados; e a do país, na que 40 mozos galegos ao día vense na obriga de marchar pola falta de oportunidades laborais; creo que é imprescindible que todas as administracións nos impliquemos e facilitemos o autoemprego”.
Xornadas de sensibilización
As xornadas presenciais de sensibilización do Proxecto Emprendedores desenvolveranse tanto nas instalacións da Fundación CEL como nalgúns dos vinte centros educativos que se sumaron a esta iniciativa, os martes e xoves de aquí a fins do mes de novembro. Buscan achegar aos participantes ao mundo real da creación de empresas e o autoemprego, dando a coñecer, de forma interactiva e participativa, como é o proceso de posta en marcha dunha empresa.
Nesta liña, constarán de dinámicas de creatividade e análise de prensa para axudarlles na procura de ideas de negocio; análise e elaboración do lenzo CANVAS para deseño do modelo de negocio na fase de maduración da idea; información sobre entidades que poden axudar a emprender en cada fase; información sobre servizos concretos dun Centro de Iniciativas Empresariais e viveiro de empresas; encontros cos técnicos especializados en asesoramento a emprendedores da Fundación CEL e con emprendedores que hoxe están a desenvolver as súas ideas neste centro e acceso a experiencias emprendedoras reais.
Accións formativas
Pola súa banda, a parte de formación específica do PROXECTO EMPRENDEDORES comprende un total de tres cursos vía teleformación sobre “Actitude Emprendedora e Oportunidade de Negocio” e catro de “Xestión da Prevención de Riscos Laborais”. Ofértanse un total de 140 prazas ás que poderá acceder calquera persoa interesada en crear a súa propia empresa. Os interesados en asistir poderán inscribirse desde xa a través da Fundación CEL no número de teléfono 982 28 41 50 ou no mail formacion@fundacioncel.org. Máis información tamén en www.fundacioncel.org.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



