Lugo 24 de outubro de 2015.- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, anunciou este sábado que os populares rexistraron unha iniciativa plenaria a través da que solicitan a elaboración e posta en marcha dun plan que garanta durante 2016 un reparto equilibrado das axudas públicas entre todos os concellos da provincia de Lugo.
Candia considera necesaria a existencia dunha ferramenta que protexa unha asignación dos recursos que repercuta entre todos os municipios por igual e que, deste xeito, poña fin a actuación que o Goberno bipartito promoveu durante os seus dous mandatos. “É necesario respectar os dereitos fundamentais de igualdade dos veciños na provincia” e, polo tanto, “deben terse en conta as necesidades básicas cuxa garantía compete ás deputacións e non a cor política do Goberno de cada concello”, explica.
Reparto discriminatorio e partidista
O PSOE e o BNG repartiron durante os seus dous mandatos os fondos públicos de todos os lucenses en base a cor política do concello beneficiario. “Os datos propios que obran na contabilidade provincial evidencian unha realidade moi afastada da esixencia propia dunha sociedade democrática”, matiza a popular, quen deu datos concretos.
No período comprendido entre o un de xaneiro de 2012 e o 23 de xuño de 2015, o por aquela Goberno bipartito na Deputación outorgou axudas directas aos concellos da provincia por un importe de 12,9 millóns de euros. “Os 43 concellos gobernados polo Partido Popular recibiron tan só o 7,95% destas axudas, mentres que 91,28% destes fondos foron para os 22 do PSOE e do BNG”, cita. Polo tanto, “é manifesta a inclusión dun criterio antixurídico de asignación do gasto público que non foi outro que o da cor política do goberno dos concellos beneficiarios da acción de cooperación”, analiza Candia.
O Goberno popular garantiu que no 2015 todos os concellos recibisen axudas da Deputación
A popular asegura que trala xestión do bipartito existía unha desigualdade entre os concellos gobernados por un e outro partido político, e “foi necesario corrixir esta situación indesexable e froito da arbitrariedade”. As actuacións do Goberno popular na Deputación pretenderon poñer punto final a un xeito arbitrario de asignación do gasto público “reequilibrando a asignación dentro do ano 2015, anualidade na que todos os concellos recibiron axudas da administración provincial”. Porén, para que “este tipo de situacións non se volvan a repetir en futuras anualidades é necesario elaborar un plan de equilibrio das axudas aos concellos”.

















Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



