O Burela Pescados Rubén mantén o pleno de triunfos coa vitoria lograda no derbi galego ante o Cidade As Burgas (7-2). O conxunto burelao encarrilou o partido nunha gran primeira parte na que se mostrou superior ás ourensás en todas as facetas do xogo. O ritmo e a presión imposta polo Burela anuló o arma preferida das Burgas, o contragolpe.
O primeiro aviso local chegou por mediación de Peque pero Iria evitou baixo paus o primeiro gol da tarde que chegaría pouco despois nunha gran combinación entre Peque e Gaby que a brasileira culminou para situar o 1-0. A resposta visitante non se fixo esperar e Vanessa sorprendeu cun disparo cruzado e raso para igualar a contenda. A pesar do empate, o Burela Pescados Rubén mantivo a súa velocidade de cruceiro e obtivo o seu merecido premio co 2-1, obra de Peque de disparo afastado, e co 3-1 de Gaby. A goleadora laranxa empuxou á rede unha asistencia de Maite tras gran xogada individual da capitá burelá. O Burela desarbolou á defensa ourensá e Shio aumentou a renda tras pase de Gaby (4-1), minuto12. O Cidade apenas inquietaba a meta local e Ceci concretou unha xogada de estratexia que supuxo o 5-1 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o choque transcorreu por idénticos parámetros, o Burela dominaba con claridade e chegou o 6-1 obra de Bea Mateos tras asistencia de Gaby. Acto seguido, Vanessa recortou distancias nunha boa acción individual (6-2) pero a reacción ourensá quedouse aí malia varios intentos neutralizados pola defensa laranxa. O partido entrou nunha fase sen incidencias ata que o colexiado expulsou a Bea Mateos e Sonia por vermella directa, minuto 35. Con tres xogadoras ambos equipos non se moveu o marcador. No último minuto Peque realiza unha gran xogada para asistir a Gaby que completa a goleada co 7-2 definitivo que supón a sexta vitoria en seis xornadas.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Gaby, Shio –cinco inicial- Maite, Bea Mateos, Ceci, Lara, Andrea.
Cidade As Burgas: Ana, María Arias, Iria, Lucía Nespereira, Vanessa –cinco inicial- Candela, Nerea García, Albiña, Sonia, Nerea Lorenzo.
Goles: 1-0, m.3, Gaby; 1-1, m.3, Vanessa; 2-1, m.6, Peque; 3-1, m.11, Gaby; 4-1, m.11, Shio; 5-1, m.17, Ceci; 6-1, m.24, Bea Mateos; 6-2, m.25, Vanessa; 7-2, m.40, Gaby.
Árbitros: Pena Pereira, Amor Vizoso. Ferrol. Expulsaron con cartón vermello directo a Bea Mateos de Burela Pescados Rubén e Sonia de Cidade As Burgas.
Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.
*Fotografía: Manuel Gil.




















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
