SAN CIBRAO .- A área de Cultura e Deportes da Deputación programou unha serie de variados actos e actividades para esta fin de semana con motivo da conmemoración do 40aniversario do Museo do Mar de San Cibrao. No acto d presentación do programa estiveron presentes o responsable de Cultura da Deputación, Antonio Veiga; a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago González.
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA ORGANIZA OS ACTOS CONMEMORATIVOS DO 40 ANIVERSARIO DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Antonio Veiga salientou o labor realizado polos veciños da vila en prol da conservación dun espazo que a Deputación de Lugo pretende facer accesible a todos os sectores da sociedade
LUGO, 8 de outubro de 2009. O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou este xoves, xunto coa directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago González, na presentación, ante os medios de comunicación, dos actos e actividades que conmemoran, durante esta fin de semana, o 40 aniversario do Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo). O Museo de Lugo foi o espazo elixido para presentar unha programación aberta a toda a poboación lucense e que tenta afondar na vinculación histórica existente entre os galegos e o mar tal e como salientou o nacionalista ao comezo da súa intervención.
O programa de actividades, deseñado pola Área de Cultura da Deputación e o Museo de Lugo, tenta converterse no colofón de todas as iniciativas culturais desenvoltas neste espazo durante os últimos meses. Ademais de recuperar e promover o patrimonio cultural material existente na zona, puxéronse en marcha diversos proxectos puntuais que tentaban “sensibilizarse” con diversos bens inmateriais de gran riqueza para o país como é a lingua galega, asegurou Antonio Veiga. Alén disto, o nacionalista tamén aproveitou a súa intervención para lembrar que a Área de Cultura pretende converter os museos da Rede nun lugar de reunión aberto a toda a sociedade e, especialmente, a aquelas asociacións e agrupacións culturais que desexen facer uso das súas instalacións como o espazo no que desenvolver iniciativas en prol do rico e variado patrimonio cultural existente na zona.
Nesta liña, Antonio Veiga lembrou que o Museo do Mar naceu grazas o labor desenvolvido nos anos 60 polo profesor Francisco Rivera Casas e os seus 34 alumnos, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, cando o edificio aínda albergaba a escola da vila. Segundo comentou o delegado da Área de Cultura da Deputación son os propios veciños do lugar, principalmente mariñeiros, quen conseguen manter vivo este museo coas súas achegas ata consolidalo coma un elemento máis, de gran riqueza e singularidade, do patrimonio histórico e cultural da Comarca da Mariña.
Exposicións e actuacións musicais
Pola súa banda, a xerente da Rede Museísta de Lugo, Encarna Lago González, sinalou que os actos do 40 aniversario do Museo do Mar comezarán mañá, venres día 9, ás 20:00 horas, coa inauguración da mostra de pintura do artista Manuel Bujados (Viveiro, 1954) e coa proxección de varias obras pictóricas de diversos artistas da zona na fachada principal da galería. Ao día seguinte, sábado 10 de outubro, terá lugar, ás 10.30 horas, o descubrimento da placa conmemorativa logo da recepción dos alumnos e alumnas do curso 1969-1970 do Centro Educativo D. José María Fernández Montenegro e fundadores deste espazo cultural de referencia na comarca da Mariña. Logo disto, un nutrido grupo de rapaces e rapazas da vila lerán varios textos sobre o mar seguidos da actuación da Viveiro Big Band. Xa pola tarde, o Museo do Mar réndelle homenaxe aos seu benfeitores entregándolles un agasallo aos descententes do artífice e promotor deste espazo, o mestre Francisco Rivera Casás. O actor Avelino González pecha a segunda das xornadas coa representación da peza teatral “Vento Mareiro” dirixida aos máis novos. O domingo 11, o Museo do Mar acolle, ás 12:30 horas, a actuación do músico Antón Castro, ás 17:00 horas o relatorio do documentalista pontevedrés Lino Pazos sobre a caza das baleas e, por último, ás 19:00 horas, a actuación do grupo musical Clan Maragato.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



