Burela, 31 de outubro de 2015.- Trala goleada mariñá en Primeira RFEF ante o CD Orvina (7-0), a Tarde Laranxa pechouse en Vista Alegre con empate (3-3) dos de Daniel Ibañes na visita do campión da Copa de España. O Burela FS Pescados Rubén levou a batuta sobre o electrónico ante Jaén Paraíso Interior nun partido moi intenso e aberto, por momentos con certa tolemia sobre a pista.
O primeiro en avisar foi Chino, antes de cumprirse o segundo minuto de xogo, pero enseguida respondeu, aínda que sen acerto, Buendía, de disparo cruzado no 3, e máis tarde, no 8, Boyis ao pau tras unha perda local. Recuperou sensacións e incrementou o seu perigo o conxunto galego nunha galopada en contragolpe de Iago Rodríguez e con Chino, apoiado en Jorge Bellvert. Dúas advertencias ás que Iago Míguez lles soubo poñer o broche final, cun disparo baixo desde a frontal, e así adiantarse co 1-0 no minuto 13. Edu mantívose impasible ante a afrenta dos jienenses salvagardando o marcador ata o descanso, cunha vantaxe que puido ampliar o minuto 15 Hélder de cabeza, como unha das oportunidades máis claras para os burelistas.
O segundo tempo non puido empezar peor para os da Mariña, que viron desaparecer a súa renda aos 14 segundos cun roubo de Carlos Muñoz que completou Eloy Rojas. Nos seguintes compases, Chino salvou de cabeza baixo os paus o segundo dos andaluces. Foi precisamente o ex do Jaén o encargado de anotar o 2-1, a pase de Hélder tras contragolpe de Chano (minuto 24). Pouco despois impediu a igualada Hélder de novo baixo rede. Nas idas e vindas, que gañaron intensidade co paso dos minutos, ambas escuadras se repartiron ocasións claras; primeiro Antoñito, no 27, nun ún contra ún con Dani Cabezón, e máis tarde Ossorio, cumpríndose o ecuador do tramo, con chegada tardía de Dani Martín ao remate. Tras ampliar distancias Iago Rodríguez (3-1), en roubo de Chano, no minuto 31, Cuco abanderou o ataque de cinco, con recompensa case inmediata, de Solano nun rexeite. Edu estivo sublime ante o misil de Eloy Rojas no 32. De novo tivo a oportunidade o Burela FS de ampliar a brecha e non a aproveitou, con dobre tentativa de Chano no 34, e foi entón cando chegou o empate con Ossorio nun balón raso que sentou a Edu (minuto 35). Os da Mariña tiveron que sufrir en defensa coa nova aposta de porteiro xogador jienense no último minuto, cunha ocasión de Dani Martín que evitou o pau no último suspiro.
Hélder viuse obrigado a retirarse a falta duns oito minutos para o final; as primeiras exploracións indican que o xogador sofre un esguince de nocello.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chano, Jorge, Chino, cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Antoñito, Hélder, Carlitos
Jaén Paraíso Interior: Dani Cabezón, Emilio Buendia, Carlinhos, Eloy Rojas, Cuco, cinco inicial; tamén xogaron Jordi Campoy, Boyis, Solano, Ossorio, Carlos Muñoz
Goles: 1-0, minuto 13, Iago Míguez; 1-1, minuto 21, Eloy Rojas; 2-1, minuto 24, Chino, 3-1, Iago Rodríguez; 3-2, minuto 31, Solano; 3-3, minuto 35, Ossorio
Árbitros: Redondo Arenales // Viedma Martín (Castilla e León). Por Burela amarela a Antoñito (minuto 15 e 38), Jorge. Por Jaén amarela a Eloy (minuto 22), Carlos Muñoz (minuto 23), Carlinhos (minuto 25), Dani Cabezón (minuto 29), Dani Martín (minuto 38)
Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada da Primeira División da LNFS disputado en Vista Alegre, con arredor de 800 afeccionados.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
