O 8 de novembro celébrase o Dia Mundial do Urbanismo,creado pola ONU en 1949, “co fin de defender os intereses públicos da planificación urbana”. A R.A.E. define “urbanismo” como “o conxunto e coñecementos que se refiren ó estudo, desenvolvemento e progreso dos pobos en orde ás necesidades e a calidade de vida. Un urbanismo ordenado, equilibrado e cuidadoso co entorno, sen a acción destructiva das institucións, nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor”.
En España tratouse o asunto por primeira vez dun xeito formal no 1º Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1929, pero os logros non foron os esperados pois, xa entón,fallou a colaboración dos concellos. No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país lese: “ es cuestionable que las autoridades se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios que con justicia generan la protesta ciudadana; ello sin considerar los indicios de corrupción. Por otro lado es el ambiental un tema olvidado que reduce la calidad de los recursos turísticos…”
É obvio o interese do urbanismo, que debería ser preocupación primordial de pobos e gobernos, mais alá dos cotiás e demagóxicos discursos tan propios desta caste política; con mais feitos e menos verbas, na defensa dun interese cidadán que , sen avergoñarse, unha e outra vez, din defender.
Do interese que os políticos amosan por cuestión tan transcendente temos os focegos mostra evidente: precisaron mais dunha ducia de anos para, tras àrduo traballo, mental sobre todo, chegar a comprender a barbarie cometida co emplazamento da depuradora; aínda que polos xornais temos novas de que agora non saben qué facer con ela. Non saben onde ubicala pois os ventos da política, que marcan o rumbo a acapataces e mesnadas ao servizo da causa, son cambiantes… ¿Precisarán pois, para decidilo, outros tantos anos? E namentres os cidadáns normais, as xentes de ben, viven entre noxentos cheirumes…..É a lección que a cotío nos dan os políticos“progresistas”… adxetivo ao que, con grande imaxinación, todos se adscriben.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



