Ribadeo, 4 de novembro de 2015. O Concello leva espectáculos teatrais de pequeno formato e para todos os públicos ás parroquias do rural.
O actor clown Peter Punk estará en cinco lugares nos vindeiros días. Este sábado, 7 de novembro, estará na escola de Piñeiro ás 17.00 horas e ás 20.30 horas na escola de Ove. E o domingo, 8 de novembro, estará no Teleclube de Santalla, ás cinco da tarde.
Xa o 12 de decembro Peter Punk actuará ás 17.00 horas na escola de Couxela e ás 20.30 horas na escola de Vilaframil.
Estas actividades enmárcanse na programación cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre deste ano 2015.