Diferentes colectivos feministas, organizacións, institucións, partidos políticos, mulleres e homes a titulo individual marcharán este sábado 7 de novembro pola capital de España para denunciar as violencias machistas que sofren tantas mulleres no noso país, violencias que alcanzan indiscriminadamente, moitas veces, aos seus fillos e fillas.
Con esta convocatoria de concentración, na praza do concello de Foz ás 12’00h do vindeiro sábado dia 7, o PSOE da comarca, quere mostrar sen ningún tipo de dúbidas o seu mais rotundo apoio á marcha do 7N.
A loita contra a violencia de xénero constitúe unha prioridade para os socialistas, que consideramos que a unión e a implicación de toda a cidadanía, de todos os colectivos, asociacións e organizacións así como das administracións públicas é mais necesaria que nunca para loitar e acabar de unha vez por todas con esta lacra social.
Máis de 40 mulleres foron asasinadas no que vai de ano polas súas parellas ou ex-parellas, milleiros sofren malos tratos físicos y psíquicos á vez que os seus fillos e fillas medran entre choros, berros, ou golpes que condicionan as súas vidas.
A violencia machista ten que ser considerada unha cuestión de Estado e de unha vez por todas. Os socialistas reclamamos que se repoñan e doten as partidas orzamentarias, que se viñeron recortando sistematicamente nos últimos 4 anos co PP, especialmente os recursos destinados á prevención e á asistencia social das vítimas, co fin de protexer e garantir os dereitos das mulleres e dos seus fillos e fillas. Con ese fin vimos de presentar mocións en todos os concellos de España, sendo estas aprobadas nunha ampla maioría deles.
Dende o PSdeG-PSOE ceemos que a loita pola erradicación da violencia machista é un asunto de todas e todos, así que emprazamos a todas as veciñas, veciños, colectivos e partidos políticos da comarca da Mariña a secundar esta concentración como xeito de visibilizar o profundo rechazo que provocan as violencias machistas e a necesidade de priorizar nas políticas necesarias para loitar contra esta lacra.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



