A Mariña, 11 de novembro de 2015. O venres e o sábado, 13 e 14 de novembro, respectivamente, prosegue en catro restaurantes da comarca a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta. Participan 20 restaurantes nesta iniciativa, que xa é unha cita consolidada entre as propostas de outono da comarca. Grazas a este programa, os comensais gozan dos menús máxicos preparados polos locais xunto aos espectáculos dos magos Teto, Rafa e Charly. A cita prolongarase ata o 28 de novembro.
O venres, 13 de novembro, haberá menú máxico no restaurante Río de Oro, en Cervo. Alí os que acudan poderán degustar os conxuros do mestre (polbo con vinagreta de mango e crema de cabaza con sorpresa), embruxo da terra sobre o mar (pescada lodeiro), maxia branca (delicias de tenreira con crema fina de allo) e feitizo de inverno (filloa rechea de crema de oruxo). Despois da cea actuará o mago Rafa.
Ese mesmo venres tamén haberá menú máxico na Yenka de Barreiros. Os asistentes degustarán trucos e tratos (croquetas de xamón ibérico e pastel de salmón), o príncipe encantado (peixe sapo en prebe de mariscos), escoba voadora (solombo de tenreira con crema con piña ao cabrales) e o rei de bastos (brazo de xitano con xeado de crema de oruxo). Neste establecemento estará o mago Teto.
Xa o sábado, 14 de novembro, haberá menú máxico no Mesón A Garita de Ourol. Este establecemento ofrecerá unha cea a base de tridente mariño (croquetas de marisco e espadiñas de langostinos e peixe sapo), pote do demo (cazola de polbo con gambas), sortilexio da terra (rolo de carne con puré de patacas) e pecado máxico (torta de tres chocolates). A Garita ten dispoñible tamén un menú infantil composto de taquiños de polo, roedores recheos, pizza cara de gato, costela asada con patacas e tarta San Marcos. Os trucos de maxia correrán a cargo do mago Teto.
Finalmente, o hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, ofrece un menú máxico composto de apócema de Panoramix (crema de marisco e picatostes de centeo e capricho de langostino con puré de manteiga), manxar de sereas (láminas de bacallau ao forno con pataca, salsa de tomate e bechamel), estofado da festa meiga (xarrete estofado con verduras) e a sobremesa das fadas (croquetas doces de mazá Reineta). Actuará neste caso o mago Rafa.
O prezo dos menús máxicos mais actuación é de 25 euros por persoa e inclúe as bebidas: auga mineral, viño tinto ou branco, café ou infusión. As cenas darán comezo ás dez da noite.
O calendario de actuacións pode consultarse na páxina web: www.mesdamaxia.com. As reservas poden facerse directamente nos restaurantes participantes, como mínimo, con 24 horas de antelación. O Mes da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e de Distribuciones Carreiras.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



