Santiago, 11 de novembro de 2015.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, anunciou este mércores no Pleno do Parlamento que presentará unha iniciativa dirixida a estudar os criterios a empregar para que o conxunto da flota galega do cerco poida acadar máis posibilidades de pesca. A devandita petición xurde despois da negativa dos partidos da oposición a aceptar unha emenda do Grupo Popular que reclamaba precisamente a elaboración desta análise.
Balseiro advertiu que non se pode defender un cambio no actual modelo de repartición como fan desde a oposición sen analizar ben as consecuencias que o mesmo pode traer, pois, de actuar no sentido contrario, corremos o risco de que, “para que gañen algúns perda Galicia, perda o conxunto do cerco galego”.
O portavoz popular sinalou que “o reparto verdadeiramente inxusto” para a flota do cerco non é o actual, senón o que deixou o PSOE, “baseado en criterios históricos puros e cun modelo de xestión de pesca olímpica e sen control que trouxo consigo importantes sancións por sobrepesca, aspectos que o PP corrixiu modificando o modelo de xestión”.
Balseiro reclamou aos partidos da oposición “máis responsabilidade e menos partidismo” e lamentou que pechasen as portas a un acordo unánime, tendo en conta que todas as forzas políticas defenden un punto en común: a superviviencia da actividade desta flota e dos empregos a ela asociados.
NOTABLE INCREMENTO DE COTAS
Fronte as críticas da oposición sobre o recorte de posibilidades de pesca, José Manuel Balseiro defendeu “que non se intente enganar ao sector” e lembrou que desde o ano 2009 as principais cotas das especies obxectivo do cerco (xarda, xurelo e anchoa) creceron un 52 por cento, cifras perfectamente comprobables.
Os datos oficias tamén demostran que se acadaron importantes incrementos no número de descargas nos portos galegos, tanto en 2014 como en 2015. Balseiro lembrou que “só en descargas efectuadas en Galicia facturamos un 17 por cento máis que a media dos dous últimos anos, e que neste ano lévase facturado máis en oito meses que o pasado ano por completo”.
UNHA SOLUCIÓN GLOBAL PARA O CERCO GALEGO
Balseiro dixo que o PP e a Xunta non están pechados a estudar liñas de mellora e atender o malestar que hai en parte do sector, pero insistiu en que a solución debe ser global, “aplicable ao conxunto do cerco galego e tras estudar ben as consecuencias do que queremos cambiar”, que precisamente era o que pedía a emenda popular.
Finalmente, Balseiro lembrou que, cando se fala de amarres, hai cerco galego que practica unha xestión diferente (con cotas similares aos barcos de Acerga) e seguen faenando. Dixo tamén que en ningún caso de pode acusar á Xunta de falta de interlocución, cando nos últimos 15 meses mantivéronse ata oito reunións cos representantes do cerco, nas que se chegaron a acordos para mellorar a comercialización, para conseguir máis posibilidades de captura.




















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



