Foz, 11 de novembro de 2015. O Concello de Foz ofrece unha axenda cultural chea de actividades para os vindeiros días. Silvia Blach, concelleira de Cultura, explicou hoxe as diversas propostas das que poderán gozar os veciños, nas que destaca o cine, a música, as conferencias médicas e o ocio infantil.
“Para este mes temos convocados varios concursos: o primeiro é o de postais de Nadal, para que todos os nenos participen debuxando algo sobre o Nadal e poden presentalo na Biblioteca ou na Casa da Cultura ata o 26 de novembro”, explicou a edil.
Outro dos certames en curso é o do Rei e Raíña do Entroido. Blach indicou que os interesados “teñen que presentar os seus datos, dúas ou máis fotos recentes e un pequeno escrito explicándonos o que queren facer cando sexan reis e por que queren ser reis ou raíñas do Entroido. Hai que presentalo antes do 23 de novembro á técnica de Cultura no Concello de Foz”. A Cea de Entroido, coa coroación, está prevista para o 23 de xaneiro de 2016.
“Tamén temos no Cenima ata o 23 de novembro a mostra Ola Caperucita, unha exposición cunha releitura desde conto tan coñecido por todos de Carrapuchiña. Seguindo coa programación cultural este xoves 12 haberá Cinema no Cenima; ás 20.30 horas empeza a proxección e ás 20.00 horas abrimos a taquilla. Por soamente 3 euros poden ver As altas presións, unha película moi interesante, gravada en galego e que fala tamén de Galicia”, continuou a concelleira. Trátase dunha película do director Ángel Santos Touza que narra a viaxe dun home a Pontevedra para preparar as localizacións para un filme. O traballo lévao de volta á que é a súa cidade natal e ás persoas que formaron parte da súa vida.
Bach tamén explicou que “este mesmo xoves na Casa da Cultura temos o principio das Charlas Médicas. Esta vai ser sobre reaccións alérxicas graves, impartida pola doutora Teresa González Fernández, especialista en alergoloxía”. Será as oito da tarde.
“Este venres 13 ás seis da tarde na Biblioteca Pública, na Casa da Cultura, temos un contacontos, Pablísimo, coa obra Ras, Contos batracios, unha obra destinada a nenos de entre catro a oito anos. As prazas son limitadas porque na Casa da Cultura temos un espazo reducido”, advirte. Pablísimo é moi coñecido tamén pola súa faceta de humorista no programa Lúar, da TVG.
O venres 13 ás 21.00 horas Felipe Sanchez Fernández e África Rodríguez Arias ofrecerán un recital lírico no Cenima. Ademais, o grupo O Pico do Castro leva a súa obra Consultorio ao local A Saira de Nois ás 20.00 horas. A peza forma parte do Ciclo de Outono de Teatro do Concello. Para estes dous actos a entrada é gratuíta.
“Tamén teremos música o sábado 14 de novembro ás 18 horas, o concerto de Pesdelán, na Sala Bahía. Para asistir hai que pagar simplemente unha pequena entrada, 5 euros para os que non son socios da Asociación Cultural A Subela e 4 para os socios. Vai ser moi interesante tamén asistir”, dixo Blach. É un espectáculo no que se combina a música co ensino de bailes e xogos sinxelos para o público.
A concelleira lembrou tamén que “o xoves 19 seguimos coas charlas médicas, sobre os coidados paliativos. Vai ser impartida pola doutora Belén Fra e a enfermeira Mar Pérez Gómez”.
“En canto ao venres 20 ás 21 horas teremos teatro dentro do Ciclo de Outono de Teatro nas parroquias. Será o grupo O Centiño que vai realizar no centro social de Santa Cilla a súa obra o Caldeiro Máxico”, finalizou Silvia Blach.






















O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



