Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015.- Representantes de organizacións políticas da esquerda de toda Europa viaxarán esta semana ata Santiago de Compostela para participar nas xornadas “A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade”. As xornadas, que serán abertas ao público e terán lugar o sábado 21 de novembro durante todo o día no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC, están organizadas polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e contarán con Lídia Senra, eurodeputada por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), como anfitrioa do evento.
O obxectivo das xornadas é poñer en debate e análise as políticas económicas que o neoliberalismo está a aplicar coa escusa da crise, debullar o que realmente se agocha detrás das medidas de “austeridade” e poñer enriba da mesa os eixos que garanten a defensa dos dereitos das persoas por diante dos intereses do Capital.
O evento posibilitará poder escoitar na capital galega as teorías de representantes do Sinn Féin irlandés, do Bloco de Esquerdas de Portugal, de Unidade Popular de Grecia ou do Die Linke alemán. Tamén intervirán persoas expertas na materia procedentes da Universidade de Barcelona e de Euskadi, así como o Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego, Xosé Manuel Beiras.
Para lograr a interacción coas persoas asistentes ás xornadas, os dous relatorios previstos contarán con tempo abondo para o debate e a intervención do público que desexe facerlle preguntas aos poñentes. Habilitarase tamén na propia Facultade de Filosofía unha área con servizo de gardería, para facilitar que as persoas con nenas e nenos ao seu cargo poidan vir ás xornadas.
A xornada comezará ás dez da mañá e incluirá dous grandes bloques, un en sesión de mañá (10.00 a 14.00hrs.) e outro en sesión de tarde (16.00 a 19.00hrs.).
O vindeiro venres 20 de novembro, ás 10.30hrs., presentarase en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. A continuación o programa completo cos diferentes horarios, poñentes e moderadoras/es de toda a xornada.
Xornada
“A ESQUERDA EUROPEA: GARANTE DOS DEREITOS DAS PERSOAS FRONTE ÁS POLÍTICAS DE AUSTERIDADE”
Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2015
Programa
10:00h.- Recepción dos/as participantes e apertura das xornadas por Lídia Senra Rodríguez, Deputada no Parlamento Europeo por AGEe e membro do GUE/NGL.
10:30 h.- As políticas de austeridade e a ditadura do euro.
• Joan Tafalla. Doutor en Historia pola U.A.B.. Membro da Asociación Expai Marx.
• Daithí Doolan. Concelleiro do Sinn Féin en Dublín (Irlanda).
• Ramón Franquesa. Profesor de Economía na Universidade de Barcelona.
Introdución e moderación: Antón Sánchez García. Deputado no Parlamento Galego por AGE.
12:00 h.- Descanso
12:30 h.- Debate.
14:00 h.- Fin da xornada de mañá.
16:00 h.- Que propostas dende a esquerda para poñer os dereitos das persoas
no centro das políticas da Unión Europea?.
• Yolanda Jubeto. Doutora en Economía pola Universidade do País Vasco e activista feminista.
• Fabio De Masi, Deputado no Parlamento Europeo polo Die Linke (Alemania).
• Yiannis Tolios. Membro do Consello Político de Unidade Popular de Grecia e
Director do Centro de Investigación Marxista MAXOME.
• Joana Mortagua. Deputada do Bloco de Esquerdas en Portugal.
• Xosé Manuel Beiras. Portavoz Nacional de Anova-IN e Portavoz de AGE no Parlamento Galego.
Introdución e moderación: Lídia Senra Rodríguez.
17:30 h.- Debate.
19:00 h.- Fin da xornada



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



