Burela, 16 de novembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, mantivo unha conversa co presidente de Portos de Galicia e quedaron en reunirse en Burela ou en Santiago para falar de varios asuntos de interese para Burela. Llano fai unha chamada ao respecto institucional en alusión á nova gardería e ao encontro que mantivo o portavoz do PP co conselleiro de Política Social. O alcalde burelés subliña que leva semanas agardando para manter un encontro con José Manuel Rey Varela.
O rexedor explicou que “falei co presidente de Portos, co señor Durán, e quedamos en vernos en Santiago ou en Burela e quedamos en que lle enviarei un escrito solicitando unha data para reunirnos cando el crea oportuno e a min tanto me dá que sexa nun sitio como noutro. Evidentemente temos varias cuestións que formularlle, como a colocación da EDAR para buscar a maneira de que quede o mellor situada posible; tamén temos unhas preguntas sobre o que podemos aportar nosoutros para que o polígono do Berbés, que está no porto, saia beneficiado, que exista dinamismo empresarial; e despois trataremos outros temas comúns para Portos e para o Concello de Burela, polo que esa reunión está máis que xustificada”.
Llano contou que “tamén tiven a oportunidade de falar hai días co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e díxenlle que hai uns asuntos pendentes, polo que temos moito interese en ter unha entrevista con el. Veume a dicir que xa estaba un pouco ao tanto dos temas que eu quero tratar con el, que son basicamente o da gardería e outros que derivan de ese asunto. Pero en principio o máis urxente é do gardería porque nos apura darlle forma ao convenio de todo canto temos que aportar aí para a ver se podemos abrila, porque nosoutros estamos interesados en que se poña en funcionamento pero haberá que facelo da mellor maneira posible e que sexa máis positiva para os veciños de Burela”.
Ao alcalde de Burela chámalle a atención “ver que existen como aparentemente subcontratas de gobernos paralelos, como se alguén estivese movendo os fíos, representando algo que agora mesmo non corresponde, porque eu entendo que os políticos unha vez que acabamos a responsabilidade nunha institución o que debemos procurar é traballar sempre para o ben común e para todos os veciños, independentemente do partido ao que pertenzan ou de que nos votaran ou non. Hai que ser responsables e temos que ter unha idea todos os políticos que temos unha responsabilidade institucional de traballar para todos no seu conxunto, para o beneficio do ben común”.
Para Alfredo Llano “o que non se entende, por tanto, é que se nosoutros estamos solicitando unha entrevista para tratar varios temas que apareza alguén por ser do mesmo partido que se separa un pouco do que é a institución é teña certa influencia para manter esa reunión e encima que o poña na prensa dicindo que está negociando isto ou aquilo, cando na realidade quen ten que levar eses temas é loxicamente quen está ao tanto da situación correspondente, como é o noso caso no Concello de Burela. Sacar unha nota de prensa dicindo que todo vai moi ben, pero non se fai referencia a ese convenio que se asinou no seu día e que realmente prexudica economicamente aos veciños de Burela, porque á gardería aínda lle faltan bastantes flocos para que sexa rematada; polo tanto o señor Barcia tivo a oportunidade de dicirlle que hai que revisar o convenio porque igual non foi ben asinado no seu día con eses compromisos porque o pobo de Burela non ten por que asumir unha competencia impropia e encima afrontar unha serie de gastos que lle van vir a posteriori”.
E engadiu: “en cambio o señor Barcia soamente se limita a dicir que hai intención de abrir a gardería. Intención temos todos pero hai que ver en que condicións e en base a iso é para o que solicitamos a entrevista co conselleiro Rey Varela coa intención de chegar a un acordo e formalizar isto. Como persoas adultas e maduras que somos traballar polo ben dos veciños e non andar con argalladas de se ti es do mesmo partido recíbote a ti antes para chamar a atención e mira que guapos somos todos. Pero a verdade é que isto non avanza e non se soluciona. E iso é o que queremos facer nosoutros: solucionar os problemas e non facer propaganda electoral moito antes de tempo”.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



