Ribadeo, 17 de novembro de 2015. A banda de música municipal de Ribadeo conmemorará a festividade de Santa Cilla cun concerto que terá lugar no Teatro ribadense este sábado 21. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016.
Sobre o concerto deste sábado, o director da banda de Ribadeo, David Ballester, explicou que “nesta edición, como levamos facendo xa hai uns cantos anos, tocarán de solistas músicos da banda, que nesta ocasión serán saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E outra parte do concerto estará dedicada plenamente a obras dun compositor holandés, Jacob de Haan. Aproveitando a data de San Cilla debutarán coa banda dous músicos máis: o oboísta Isaac Pazos Pérez e o seu irmán, o saxo alto Nicolau”. Ademais destes dous recibirán os diplomas que acreditan a súa incorporación oficial á banda de Ribadeo outros 11 músicos que entraron ou regresaron á formación nos últimos meses: as frautistas Antía Gómez Alonso, Paula Pérez Conde e Eva Iglesias López; a oboísta Alicia Folgueira González; os clarinetistas Saleta Martínez Tella, Julia García Ríos, Santiago de Rivera Parga e Alberto Clemente Avilés; Visitación Docobo López, que toca a trompa; e os intérpretes de trombón Daniel Fernández Belmar e Aurora Fernández Peña.
No concerto deste sábado tamén se entregarán os premios do 2º concurso de debuxo para escolares, correspondente ao curso 2014-2015, que convoca a asociación Amadores da Música. Os galardoados son Ana Peña Ares, alumna de 3º de ESO no colexio Sagrado Corazón; María García Martínez, de 3º de ESO no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo; Marta Portela Besteiro, de 3º de ESO no Sagrado Corazón; Iago Freije Mariño, de 4º de ESO no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo; Larisa Dos Santos Lópes, de 4º de ESO no Sagrado Corazón; Florencia Belén Balverde, de 4º de ESO no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo; e Gabriela Rodil García, de 3º de ESO no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
En canto ao segundo concerto solidario que ofrecerá a banda municipal de Ribadeo coa incorporación para esa actuación de ex músicos da formación, celebrarase no auditorio municipal Hernán Naval o día 3 de xaneiro de 2016 e os ensaios empezarán o 5 de decembro. Anunciouno o presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, quen tamén explicou que “a recadación dese concerto vai ir nesta ocasión destinada á Asociación de persoas con Discapacidade da Mariña-Cogami”.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



