Ribadeo, 17 de novembro de 2015.- O Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo organizan un ano máis a Carreira de San Silvestre para despedir o ano 2015. Será, como manda a tradición, o 31 de decembro e haberá distintas categorías en función da idade dos participantes. A proba absoluta comezará ás 17 horas.
As saídas para as categorías inferiores están previstas deste xeito: ás 16:40 horas a Mini San Silvestre (100 metros, para menores de 4 anos) e ás 16:45 horas a Mini San Silvestre, para nenos e nenas de 4 a 7 anos, cun percorrido de 400 metros.
A milla, para nenos de entre 8 a 11 anos, sairá as 16:50 horas e finalmente ás 17 horas comezará a San Silvestre absoluta, na que poden participar as persoas maiores de 11 anos. Son 5.000 metros de percorrido. Como novidade, nesta edición haberá unha categoría de Vehículo Adaptado, para os participantes en handbikes ou sillas de atletismo.
O percorrido dos adultos será de 5.000 metros, sairá entre os dous parques Clemente Martínez Pasarón, Avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Galicia, Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, estrada de Vilaselán, estrada do Faro, camiños das Barreiras, Leopoldo Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doctor Moreda, Reinante, Villafranca del Bierzo, continúa entre os dous parques, pasa por diante de turismo para rematar na praza de España, diante do Concello.
O Concello presentou hoxe pola tarde a nova edición da carreira, coa presenza do alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, David Rivas, e o técnico de Deportes, Iván López. “Con ela poñemos punto e final a un ano 2015 cargado de boas noticias para o deporte ribadense, ben en forma de éxitos deportivos, ben coa creación de novas disciplinas deportivas que non existían no noso municipio. Tamén con eventos organizados polos clubes, coa colaboración do Concello, nos que tomaron parte equipos de primeira orde, como o Emma Cuervo ou o partido de exhibición de basket entre o Breogán e o Leyma Natura. A San Silvestre mantén o formato das últimas edicións, se ben se aumenta nunha carreira para nenos e nenas de ata catro anos e contará cunha categoría para handbikes e vehículos adaptados”, detallou o concelleiro de Deportes, David Rivas.
Todos aqueles que precisen máis información do evento poden obtela na Casa da Xuventude de Ribadeo ou ben no teléfono 982.129.889 ou no correo electrónico deportes@ribadeo.org As inscricións, que se abren o 19 de novembro, deben facer antes do 25 de decembro a través da web www.championchipnorte.com ata as doce da noite dese día. No caso de facer a inscrición presencial será na Casa da Xuventude e o prazo remata ás 15 horas do día 23 de decembro.
Os premios na categoría absoluta consistirán en diñeiro en metálico e trofeos para os tres primeiro absolutos, masculino e feminino, e para os tres primeiros ribadenses, masculinos e femininos. No caso das categorías inferiores haberá medallas para os tres primeiros e trofeos para o gañador e gañadora das Mini San Silvestre e da Milla. E trofeo para o/a participante de menor e maior idade que rematen a súa carreiras, masculino e feminino.
“Dende o Concello queremos animar a todas as persoas a participar nesta San Silvestre e así a acabar o ano de xeito diferente. Queremos tamén agradecer a colaboración, como xa fixeron nos últimos anos, a Caixa Rural Galega e ao Supermercado Eroski”, engadiu David Rivas.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
