Ribadeo, 17 de novembro de 2015.- Este luns 16 de novembro, dende as 11:15 e ata as 12, emitiuse a primeira das tertulias abertas de RadioVoz A Mariña feitas desde o Centro Comercial Eroski de Ribadeo. Na mesma, conducida por Félix Jorquera, contouse coa participación de Jesús Pérez Moreda (Suso Villalba), Carlos Rodríguez Andina e Dores Fernández Abel (presidenta da Asociación Cultural Francisco Lanza).
Os contertulios contrastaron puntos de vista sobre temas de actualidade como a Deputación de Lugo ou as eleccións do 20-D.
Ademáis, habilitouse un espazo para que quen o desexase puidese escoitar in situ o programa. As tertulias continuarán todos os luns no mesmo horario.