19 de novembro de 2015.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou este xoves que a Xunta aboará a partir deste venres o anticipo das axudas da Política Agraria Común que será, dixo, o maior da historia de Galicia, tanto en número de beneficiados, posto que chegará a 26.007 gandeiros e agricultores, como polo importe, que ascende a un total de 65,3 millóns de euros. Isto converte a Comunidade, engadiu, na primeira Autonomía en aboar este importe.
Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, Feijóo precisou que a contía destas axudas supón o dobre do que se anticipou en 2013 (32,6 millóns de euros), e o 83% máis do anticipo que se deu en 2014, que foi de 35,8 millóns de euros. Unhas axudas que, segundo explicou, a Xunta pagará de xeito conxunto coa axuda acoplada do sector lácteo, que é estratéxico para Galicia.
Nesta liña, salientou que en Galicia o número de beneficiarios é moito maior ca noutras comunidades onde as axudas están máis concentradas, e destacou que a porcentaxe de galegos que reciben o anticipo da PAC está 11 puntos por riba da media das autonomías que pagan este importe. Ademais, sinalou que outra diferenza é a modalidade de pagamento, posto que, fronte ás que optaron por facer pagamentos parciais dun terzo dos importes máximos autorizados, Galicia realizará o pagamento dunha soa vez, para achegar certeza e seguridade ao sector.
O titular da Xunta indicou que os 65,3 millóns de euros corresponden a tres conceptos diferentes: o Pagamento Básico aos Agricultores; o Pagamento Verde, destinado aos gandeiros e agricultores que apliquen prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente; e a axuda acoplada ao sector lácteo.
Segundo sinalou, o importe total poderá subir nas vindeiras semanas cando se subsanen as solicitudes con deficiencias como falta de documentación ou duplicidades de parcelas. Non obstante, apuntou, para recibir este pagamento non será necesario que estean rematados os controis sobre o terreo, pero si os controis administrativos.
Feijóo explicou que a Comisión Europea autorizou a que se axilizase o pagamento do anticipo da PAC ante a difícil situación financeira que están a vivir certos sectores agrícolas. E con este mesmo fin, Bruxelas tamén permitiu que o anticipo puidese elevarse ao 70% da axuda total.
Xunto con isto, adiantou que a Xunta tramitará este venres a petición adicional de 7,1 millóns de euros de indemnizacións compensatorias, para compensar os custos adicionais e as perdas de ingresos que supón a produción agrícola en zonas de montaña e outras zonas desfavorecidas. Esta axuda, agregou, contribuirá a paliar os problemas de tesouraría que veñen arrastrando os nosos empresarios agrícolas en canto non se estabilicen os mercados.
Colaboración entre o Goberno e as Comunidades Autónomas
A axilidade na tramitación destas axudas foi posible, dixo, grazas á xestión compartida entre a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, xa que este é o primeiro exercicio en que as axudas da PAC se tramitan a través dunha aplicación informática conxunta elaborada entre o Ministerio e as autonomías. Isto supón un importante aforro de custos, posto que Galicia non achega máis de 60.000 euros a unha plataforma que custa máis de 10 millóns de euros; e garante, ademais, a integridade e a seguridade da xestión das axudas públicas.
Feijóo concluíu salientando que estas axudas son unha mostra máis do esforzo que a Xunta está a dedicar ao agro galego e, concretamente ao sector lácteo, no que leva investido xa, ao longo deste ano, 148 millóns de euros. Ademais, destacou outras medidas como a promoción da marca Galega 100%, a achega de 30 millóns de euros para o desenvolvemento industrial do sector, e o Plan de desenvolvemento rural 2015-2020, que supón un investimento de preto de 1.600 millóns de euros.




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



